Adega
INICIO Novas ADEGA apoia aos veciños de Cereixido de Cervantes e pide a restauración da Igrexa parroquial
ADEGA apoia aos veciños de Cereixido de Cervantes e pide a restauración da Igrexa parroquial PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA  apoia aos veciños de Cereixido de Cervantes e pide a restauración da Igrexa parroquial a FaceBookEnvia ADEGA  apoia aos veciños de Cereixido de Cervantes e pide a restauración da Igrexa parroquial a Twitter

retablo_cereixido_1Lugo, a 13 de febreiro de 2012.- Desde ADEGA sumámonos á petición dos veciños e veciñas de Cereixedo, do concello de Cervantes, que reclaman ás autoridades que se restaure a súa Igrexa parroquial, cuxo estado de conservación é lamentable e mesmo existe risco de desprendemento dalgún dos seus altares, o que podería poñer en perigo a seguridade dos fregueses. Por iso vimos de presentar un escrito ante Consellaría de Cultura, e nomeadamente á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, facendo formal a nosa petición. ADEGA coñeceu as reclamas dos veciños o pasado 29 de xaneiro, durante a realización dun roteiro polas montañas de Cervantes, inspirado na lenda popular da Cerva Branca. Á nosa chegada a Cereixedo visitamos a Igrexa, converténdonos en testemuñas directas do mal estado de conservación no que se atopa, pese ao seu grande valor patrimonial.

igrexa_cereixidoEsta igrexa, pertencente noutros tempos ao Arciprestazgo de Cervantes e ao Mosteiro Cisterciense de Santiago de Cereixedo, é un  conxunto do século XVI,  con arcos de medio punto e policromada no seu interior. Os retablos son tamén dese século, así como o altar maior de marcado estilo renacentista. Outros altares, xa datados no s. XVIII, están en serio perigo de derrubo e as cores das paredes policromadas estanse a esvaecer, sendo difícil identificar o detalle dos motivos.

retablo_cereixido_2ADEGA considera de gran importancia que os veciños e veciñas vexan cumprida a súa reclama de restaurar a súa igrexa por ser un dos valores patrimoniais máis importantes da comarca e dos máis queridos e admirados pola veciñanza. A obriga dos poderes públicos é manter e conservar o patrimonio de todas e todos, sobre todo, daquel que está ameazado ou deteriorado e poñelo en valor, non só pola súa funcionalidade, senón tamén polo seu atractivo como recurso turístico na zona, na actualidade, bastante deprimida.

Po todo isto, reclamamos á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, a elaboración dun Proxecto de Restauración da Igrexa Parroquial de Cereixedo do concello de Cervantes, que sexa executado de inmediato para frear o avanzado deterioro deste meritorio monumento.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA