Adega
INICIO Novas A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato
A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato PDF Imprimir Correo-e
Envia A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato a FaceBookEnvia A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato a Twitter
recheo_RatoLugo, 27 de xaneiro de 2012.-Tras a denuncia de ADEGA, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil incoa expediente sancionador á empresa Obras e Construciones CORTIZO S.L por “desbroce, retirada de maleza e recheo”, sen contar coa preceptiva autorización administrativa, nunha finca en zona de policía do río Rato situada no Polígono industrial do Ceao, en Lugo. ADEGA pide á Confederación e ao Concello de Lugo que tomen máis medidas de vixilancia nas proximidades dos ríos urbanos e, nomeadamente, nas zonas industriais.
ADEGA recibiu recentemente esta notificación da Confederacion Hidrográfica tras facer a denuncia correspondente, ao entender que tales actividades representaban un risco para a contaminación das augas do río Rato, derivada do depósito de entullos mesturados con alcatrán na zona de policía do efluente. Ademais, a intervención de Construcciones Cortizo S.L. na zona provocou a drenaxe dunha pequena lagoa formada de xeito natural na que xa se refuxiaba unha comunidade de anfibios e outras especies acuáticas.

ADEGA alerta de que non é a primeira vez que denuncia o depósito de entullos nas áreas próximas ao río Rato, nomeadamente, nas zonas de influencia dos polígonos industriais do Ceao e As Gándaras, onde hai tres meses, ADEGA retirara máis de 1 tonelada de lixo coa axuda de voluntarios do Proxecto Ríos.

Por iso ADEGA pídelle de novo á Confederación e ao Concello de Lugo que presten especial atención as fontes de auga e ríos próximos a zonas industriais ou urbanizacións, que intensifiquen os seus servizos de vixilancia nestas zonas e que impulsen programas de concienciación ambiental entre a cidadanía e as empresas para evitar a reiteración destas actuacións irregulares.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA