Adega
INICIO Novas Roteiro por Santo Estevo do Ermo na procura das augas curativas e do anel de Maeloc
Roteiro por Santo Estevo do Ermo na procura das augas curativas e do anel de Maeloc PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro por Santo Estevo do Ermo na procura das augas curativas e do anel de Maeloc a FaceBookEnvia Roteiro por Santo Estevo do Ermo na procura das augas curativas e do anel de Maeloc a Twitter
fervenza_barreiros Este domingo 25 de marzo, ADEGA-Lugo realiza outro percurso no marco dos roteiros 2011-2012 dedicados á Galiza Máxica. Desta volta, iremos ao concello de Barreiros, cuxos montes de litoral agochan varias lendas de personaxes lendarias (bispo Maeloc ou o Apóstolo Santiago) e de ritos máxicos en fontes, capelas ou fervenzas. A ruta será duns 13 quilómetros e de dificultade medio-baixa. O autobús partirá desde Lugo, desde a Facultade de Formación de Profesorado ás 9 horas (pola hora nova, tras o cambio horario!).
Descarrega o Cartaz

capela_santo_estevoO roteiro partirá das fermosas praias de Barreiros de Remior e Anguieira, e tras bordear a Ría de Foz, chegaremos a chamada Lagoa dos parrulos. Alí colleremos camiño das Eiras (lugar de San Cosme de Barreiros) polas que se sube até chegar á capela de Santo Estevo do Ermo. Logo de xantar, partiremos cara ao monte de Penabor, desde onde poderemos contemplar toda a franxa costeira de Barreiros e Foz, a uns 350 metros de altura. Polo camiño acompañaranos o misticismo, ademais das variadas lendas do lugar. Atoparémonos con fontes milagreiras, coa pegada do cabalo do Apóstolo Santiago e cunha paisaxe de fervenzas e montes, nos que o bispo Maeloc perdeu un diamante azul.

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h (pola hora nova).

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:

22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)                                        
20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

PREZOS:

Xeral.............................................................................................. 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………...................................12 €
Soci@s......................................................................................... 10 €
Ata 17 anos.................................................................................... 5 €

Consulta o blog de roteiros: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA