Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Lugo


ADEGA impartiu unha charla na Asociación de Persoas Xordas de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA impartiu unha charla na Asociación de Persoas Xordas de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA impartiu unha charla na Asociación de Persoas Xordas de Lugo a Twitter

charla_xordosEn Lugo, a 11 de maio de 2012.- A Asociación de Persoas Xordas de Lugo convidou a ADEGA a impartir unha charla sobre medio natural o  11 de maio. Nunha animada palestra, representantes de ADEGA mostraron diversas actividades que a organización ten feito ao longo dos últimos anos desde o ámbito reivindicativo e de educación e concienciación medioambiental.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Descobre os tesouros de Monte Pindo con ADEGA-Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia Descobre os tesouros de Monte Pindo con ADEGA-Lugo a FaceBookEnvia Descobre os tesouros de Monte Pindo con ADEGA-Lugo a Twitter
monte_pindoEste domingo 20 de maio, ADEGA Lugo convídate a visitar o Monte Pindo, lugar de culto relixioso e pagán, refuxio da poboación, escapada de meigas e demos, testemuña de reis e bispos,  morada dos celtas… Dise que alí está soterrada a Raíña Lupa envolta en ouro. Veremos todas as riquezas do Monte Pindo en tan só 12 quilómetros, durante un percorrido de 7 horas. Subiremos ao cumio máis alto desta mole pedregosa e logo descendermos cara o mar. Os nosos guías serán os compañeiros da Asoc. “Monte Pindo Parque Natural”, que están a loitar para que este lugar máxico sexa protexido como se merece. Descarrega o CARTAZ .
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Segunda edición dos concursos de fotografía e relatos polo territorio e novo de curtas: Participa! PDF Imprimir Correo-e
Envia Segunda edición dos concursos de fotografía e relatos polo territorio e novo de curtas: Participa! a FaceBookEnvia Segunda edición dos concursos de fotografía e relatos polo territorio e novo de curtas: Participa! a Twitter
concursosT2Lugo, 16 de maio de 2012. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril do pasado ano en Compostela, e débido ao éxito da primeira edición, ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías e  relatos para que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Ademais este ano como novidade convócase tamén un consurso de curtas. Estes concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e pretenden facer participativa á cidadanía na reivindicación dun ordenamento territorial sustentábel para frear a especulación sobre o territorio, e propoñer alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural. O prazo para enviar orixinais remata o 1 de outubro. Descarrega as bases dos concursos de Fotografía 2012 ; Relatos 2012 e Curtas 2012

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO a FaceBookEnvia ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO a Twitter

Queremos_galego_LugoLugo, 14 de maio de 2012. A plataforma QUEREMOS GALEGO, da que fai parte ADEGA, convoca á manifestación que terá lugar o Día das Letras, o vindeiro 17 de maio, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela. O lema tras o que defenderemos o noso idioma será “Pola lingua que nos une. Paremos os ataques contra o galego”. De Lugo sairán buses ás 10 horas da mañá, diante de Sindicatos, na Ronda da Muralla. Para anotarvos, podedes chamar aos seguintes teléfones das organizacións integrantes de Queremos Galego que xestionan os buses: 982225812 (CIG) e 982280410 (BNG), até o mércores ás 20 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA solicita que a Cova de Eirós sexa a primeira en ser declarada BIC e preservala dunha canteira PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita que a Cova de Eirós sexa a primeira en ser declarada BIC e preservala dunha canteira a FaceBookEnvia ADEGA solicita que a Cova de Eirós sexa a primeira en ser declarada BIC e preservala dunha canteira a Twitter

cova_eirosLugo, 8 de maio de 2012. ADEGA vén de solicitar a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) para a Cova de Eirós do Concello de Triacastela nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Educación e Cultura. Esta cova da montaña oriental garda restos arqueolóxicos e paleontolóxicos de grande valor para reconstruír a historia de Galiza dos últimos 100.000 anos; pese a iso, pode estar en risco, ao atoparse no medio dunha explotación de pedra calcaria cuxa concesión chega sobre a vertical da entrada á cavidade. De saír adiante esta petición, sería a primeira cova galega en adquirir o rango de BIC. Preme eiquí para descargar a solicitude.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA convídate a un roteiro por Touriñán na busca dos cantos de Buserán PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convídate a un roteiro por Touriñán na busca dos cantos de Buserán a FaceBookEnvia ADEGA convídate a un roteiro por Touriñán na busca dos cantos de Buserán a Twitter

cabo_tourianO vindeiro domingo 22 de abril, Día da Terra, ADEGA Lugo convídate a participar nun roteiro polo "fin da terra" e nomeadamente polo litoral de Muxía, de Lourido a Moraime. Desta volta, o roteiro terá treitos a pé e en bus, para poder visitar varios puntos de interese, algúns deles ameazados por proxectos especulativos, como o cabo Touriñán, onde está prevista a construción da planta de acuicultura de Pescanova. No camiño iremos na procura dos cantos de Buserán que proceden dos cantís do mar e coñeceremos outras lendas como a da Virxe da Barca ou a do Castelo de Touriñán. A saída de Lugo está prevista para as 8.00 horas do domingo, desde a Facultade de Formación de Profesorado. Atoparán máis información se premes no CARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 22
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA