Adega
INICIO Novas de EA Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo!
Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! PDF Imprimir Correo-e
Envia Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! a FaceBookEnvia Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! a Twitter
ganhadorconcursoprevDo 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. Dende ADEGA queremos sumarnos a esta iniciativa e, alén de traballar en programas de educación ambiental, propoñémosvos un CONCURSO co lema "Que farías ti para non producir tantos residuos?". O obxectivo desta semana é fomentar a concienciación para previr a produción excesiva de lixo: o mellor residuo é o que non se produce! Entre todas e todos podemos reducir o volume e a nocividade dos residuos que xeramos. Propoñémosvos que nos acheguedes ideas para reducir o lixo xerado: No fogar, no traballo, na escola… Enviade as vosas propostas e participaredes no sorteo dun KIT DE COMPOSTAXE.

As ideas máis orixinais ou eficaces irán aparecendo nesta web durante a semana europea da prevención, do 19 ao 27 de novembro. Entre todas as propostas recibidas até o 23 de novembro ás 12:00 da noite, sortearemos un kit de compostaxe integrado por un composteiro con capacidade de 320 l., un manual de compostaxe caseira e o libro “O compost. A xestión dos residuos. O sorteo celebrouse xoves 24 de novembro e o venres 25 entregamos o premio. GAÑADOR: Julián Carballeira Fariña, de Monfero (A Coruña). A todos/as, moitas grazas.

PROPOSTAS SELECCIONADAS:

Patricia Casal: REDUCIR O CONSUMO, REUTILIZAR OS PRODUTOS E MERCAR CON CRITERIO.

Manuel Casal: CONSUMIR MENOS, O MÁIS LOCAL POSIBLE E COA MÍNIMA EMBALAXE, E EN XERAL, COA MÍNIMA MOCHILA ENERXÉTICA AO LOMBO.

Elena Mahía: CONCIENCIACIÓN, CONSUMO RESPONSABLE, REUTILIZAR OS PRODUTOS E COMPOSTAR.

Rocío Pérez: CONTENTORES DE RECOLLIDA SELECTIVA NO RURAL, TAMÉN PARA REFUGALLOS AGRÍCOLAS.

Lucía Turnes: EVITAR ENVASES INNECESARIOS, REUTILIZAR E SUBSTITUIR TÓXICOS NO FOGAR POR REMEDIOS CASEIROS.

Carina Pallarés: COMEZAR A VIDA ECOLOXICAMENTE: LACTANCIA MATERNA, CUEIROS DE TEA, ROUPA ORGÁNICA...

Roberto Roget: EVITAR O CONSUMISMO NO NADAL: NON AGASALLAR COUSAS SUPERFLUAS E USAR PRODUTOS LOCAIS.

Julián Carballeira: MERCAR A GRANEL, FOMENTAR O COMERCIO LOCAL, AUMENTAR A RECICLAXE E COMPOSTAR OS RESIDUOS ORGÁNICOS.

Maika: VOLTAR AO SISTEMA DO LEITE ENVASADO EN BOTELLAS DE VIDRO E A DEPOSITAR O ENVASE BALEIRO NA TENDA PARA SER REUTILIZADO.

Antonio García: INCENTIVAR A REDUCIÓN NAS EMPRESAS, PREMIAR A SELECCIÓN DOMÉSTICA E POÑER MÁIS PUNTOS LIMPOS.

Cristina Morquillas. COBRAR ÁS EMPRESAS POLA CANTIDADE E TIPO DE EMBALAXES DOS SEUS PRODUTOS.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA