Compostela, Nadal de 2012. Dende hai algúns anos, ADEGA desenvolve nestas datas campañas relacionadas co Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas”,“Carta das raíñas magas”ou "Por un Nadal máis ecolóxico" foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención do consumo nestas datas. Animamos á cidadanía neste 2012 a afrontar as festas e o vindeiro ano con espírito ecoloxista. Malia á crise, as previsións de consumo nestas datas non son moi diferentes ás de outros anos,mais o realmente certo é que o ecosistema Terra si está en crise dende hai tempo. Non podemos sacrificar o ambiente en prol dun progreso consumista e espoliador. Outra maneira de vivir é precisa se queremos conservar a riqueza común que é a diversidade natural.
|
Ler máis...
|
|
17 de decembro de 2012. A D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental publicou a declaración ambiental (DIA) da mina de Corcoesto, un documento que pasará aos anais dos despropósitos ambientais (un máis) cometidos pola Xunta. Alén de que máis da metade desta DIA é un "corta-apega" literal do proxecto entregado por Edgewater, co que a Xunta asume como propios os argumentos da empresa (corta a ceo aberto, uso de cianuro, categorización errada dos refugallos, falla dun plano de emerxencia, riscos sísmicos non avaliados...), tampouco se preocupa de verificar o denunciado por ADEGA e outros colectivos a respeito da posíbel contaminación con arsénico do LIC do Anllóns. Precisamente un recente estudo do CSIC e a U. de Vigo (Costas et al. 2011) revelado pola SGHN pon de manifesto os altísimos níveis de As na bacía do Anllóns, relacionados cos antigos labores mineiros. Se unhas galerías antigas e cativas son quen de deitar 850 kg de As cada ano ao esteiro do Anllóns (Rede Natura 2000), que fará unha enorme mina a ceo aberto de máis de 1 millón de m2?
|
Ler máis...
|
20 de decembro de 2012. Diante das recentes manifestacións de Feijóo e Tahoces (D. X. de Industria) apoiando os métodos non convencionais para a extracción de gas en Galiza, ADEGA manifesta o seu total rexeitamento a calquera iniciativa que pretenda utilizar a técnoloxía coñecida como "fracking" no noso país. O "fracking" ou fracturamento hidráulico é unha tecnoloxía desenvolta para a obtención de gas natural en xacementos que non poden ser aproveitados polas técnicas habituais de extracción. No proceso empréganse máis de 500 produtos químicos diferentes, moitos deles canceríxenos e mutaxénicos. Os impactos abranguen verteduras ao ar e no medio acuático pero tamén contaminación do subsolo, desfeita da paisaxe e mesmo tremores de terra. Moitas persoas que residan nos teritorios con pozos de "fracking" deberán abandonalos pola insalubridade destas técnicas.
|
Ler máis...
|
 Este sábado 15 de decembro terá lugar en Compostela 37ª Asemblea Xeral de ADEGA. Será na Casa das Asociacións, en horario de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30. Dende 1976 van xa máis de 10 anos de loita ecoloxista e compromiso co país. Nesta 27 Asemblea ADEGA fará un balanzo do acontecido a nível ambiental este 2012 en Galiza e apresentaremos as liñas estratéxicas arredor das que artellaremos a resposta ecoloxista aos problemas ambientais que nos ameazan e as propostas e iniciativas para que a crise non a acabe pagando ao ambiente. Ese mesmo día celebraremos tamén a cea anual de confraternización no decurso da cal entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina 2012.
|
Ler máis...
|
5 de decembro de 2012. Dende ADEGA queremos celebrar con vós o Día do Voluntariado. Agradecemos enormemente a participación de todos e todas vós nas actividades organizadas por ADEGA, Proxecto Ríos e A Eira da Xoana, en colaboración con moitísimas entidades ao longo deste 2012, e anos anteriores. Novamente grazas por colaborar con nós nesta a nosa andaina para a conservación e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, sen vós isto non sería posible. Vémonos no 2013
|
30 de novembro de 2012. Entre o 26 de novembro e o 7 de decembro celébrase en Doha (Catar) a XVIII conferenza das partes (COP18) para establecer (ou non) os compromisos do vindeiro periodo do protocolo de Quioto que comeza en 2013. Poucos días antes do inicio da conferenza, a Xunta facía pública a súa intención de "conxelar" e revisar, mesmo denantes de apresentalo, o seu Plano de Acción contra o Cambio Climático 2011-2020, coa excusa da crise. Iso sí, a Xunta aproveitou a ocasión para publicitar un "informe" sobre o cambio climático en Galiza, un corta-apega de datos e conclusións de investigacións xa coñecidas, adubado coa correspondente propaganda en formato ristra de actuacións do máis heteroxéneo. Exemplo: Un estudo (9440€) para coñecer o impacto do cambio climático... nos vellos e vellas das residencias! Iso sí, de facer algo por reducir as emisións das térmicas galegas, verdadeiras fábricas de cambio climático e que supoñen o gordo das emisións... CERO.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 10 de 47 |