Adega
INICIO Novas de EA
Novas de Educación Ambiental
Informe sobre o estado dos ríos galegos 2011 PDF Imprimir Correo-e
Envia Informe sobre o estado dos ríos galegos 2011 a FaceBookEnvia Informe sobre o estado dos ríos galegos 2011 a Twitter
presentinfo2011Compostela, 30 de decembro de 2011. O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA e financiada pola Xunta de Galicia, presenta o Informe 2011 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. No informe faise unha fotografía do estado dos nosos ríos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das inspeccións así como a metodoloxía de traballo e as actividades  desenvolvidas durante 2011 en relación cos ríos. Este informe permite aproximarnos ao estado de saúde das diferentes bacías a partir dunha serie de indicadores. Os datos apontan a un lixeiro aumento dos treitos con saúde moderada e deficiente, que chegan a sumar, entre as dúas categorías, o 20% e o 22% en primavera e outono respectivamente, cando en 2010 non chegaron ao 20% do total dos treitos inspeccionados.
Baixa o Informe completo (7.11 Mb) con todos os datos ou un resumo (2.94 Mb) .
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir a FaceBookEnvia ADEGA e outras 6 organizacións amosamos en Compostela outra maneira de consumir a Twitter
Baixo o lema "Para consumir sen nos consumir", os colectivos A Gentalha do Pichel, ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia, levamos este 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis consciente. Un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo. Son as actividades que propoñen 7 organizacións de Compostela nunha campaña contra o consumismo e os excesos propios do Nadal Folleto_consumismo de Nadal (1.10 Mb)
Álbum de fotos en PICASA (Ramsés Pérez)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos a FaceBookEnvia ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos a Twitter
Esta semana, do 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos. Esta esta iniciativa nace en Europa para fomentar a concienciación na prevención da produción de residuos, reducir a cantidade dos xerados, prolongar a vida útil e a reutilización dos produtos, evitar e diminuir os efectos nocivos dos residuos no medio e na saúde. A semana europea da prevención dos residuos focalízase en dous conceptos da Directiva Marco 98/2008/CE sobre residuos: a prevención e a preparación para a reutilización, as dúas primeiras prioridades na xerarquía de residuos da nova lei 22/2011 de Residuos e Solos Contaminados. Dende ADEGA organizamos unha serie de actividades tanto para a concienciación da poboación como para reivindicar que a Xunta aposte de verdade pola redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos fronte á queima e enterramento de SOGAMA.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! PDF Imprimir Correo-e
Envia Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! a FaceBookEnvia Como reducir os nosos residuos? Propostas para previr a xeración de lixo! a Twitter
ganhadorconcursoprevDo 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. Dende ADEGA queremos sumarnos a esta iniciativa e, alén de traballar en programas de educación ambiental, propoñémosvos un CONCURSO co lema "Que farías ti para non producir tantos residuos?". O obxectivo desta semana é fomentar a concienciación para previr a produción excesiva de lixo: o mellor residuo é o que non se produce! Entre todas e todos podemos reducir o volume e a nocividade dos residuos que xeramos. Propoñémosvos que nos acheguedes ideas para reducir o lixo xerado: No fogar, no traballo, na escola… Enviade as vosas propostas e participaredes no sorteo dun KIT DE COMPOSTAXE.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
I Encontro Galego de Custodia do Territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia I Encontro Galego de Custodia do Territorio a FaceBookEnvia I Encontro Galego de Custodia do Territorio a Twitter
Compostela, 29 e 30 de outubro. A custodia do territorio é unha nova estratexia de conservación, nomeadamente do patrimonio natural, cultural e paisaxístico. A súa principal característica é a implicación da sociedade civil na xestión responsábel do territorio ao ser  desenvolvida por propietarios de terras e entidades (asociacións, concellos, etc.) mediante diferentes tipos de acordos. Nos últimos anos, iniciáronse no noso país diversas experiencias de conservación do medio empregando esta ferramenta. ADEGA en colaboración coa AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e financiado pola Deputación da Coruña, organiza o I Encontro Galego de Custodia do Territorio co obxectivo de analizar a situación en Galiza, as posibilidades de futuro e presentar á cidadanía esta estratexia de conservación.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 14


ADEGA