Adega
INICIO Novas de EA Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares
Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares a Twitter
inv118 xullo de 2013. A Fundación Biodiversidad  vén de seleccionar por segundo ano consecutivo a proposta de actuación de ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio". Ademais de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral e facilitar ferramentas de conservación á cidadanía. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. As actividades do proxecto Conservando as nosas dunas para este ano, consistirán en dúas xornadas de voluntariado ambiental para a eliminación de flora exótica invasora que se realizarán os días 18 de xullo (lagoas de Xuño e Muro, Porto do Son) e 10 de outubro (praia da Corna, Pobra do Caramiñal). Xa está aberto o prazo de inscrición.

O xoves 18 de xullo as actuacións de voluntariado serán no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ten asinado un convenio de custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. Esta xornada de eliminación de flora invasora será na praia de Areas Longas traballándose tanto nas dunas como nas lagoas litorais de Xuño e San Pedro de Muro (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo). Deste xeito daremos continuidade aos traballos realizados na mesma iniciativa no 2012, e ás intervencións do programa  Móllate polos humidais en 2011.
A segunda xornada de voluntariado, inicialmente prevista para o 23 de xullo, trasládase ao 10 de outubro, e será na praia da Corna (Pobra do Caramiñal), onde realizaremos un ano máis labores de eliminación de flora exótica invasora. Esta praia ten26. levando os sacos red un ecosistema dunar ben conservado mais conta con numerosas ameazas que poñen en perigo  tanto a flora como a fauna. Tamén é un dos lugares da nosa costa onde podemos atopar píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) pequena ave considerada vulnerábel en Galiza. Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados por ADEGA no Proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, realizamos unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara das dunas, continuando cos traballos de 2012  dentro do proxecto Conservando as nosas dunas.
ADEGA abreu xa o prazo de inscrición para estas duas xornadas de voluntariado ambiental que se desenvolverán o 18 de xullo e o 10 de outubro para a conservación dos ecosistemas dunares.
Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    tlf: 616 238 050

Coa colaboración de:

logo color

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA