Xornada de reflexión arredor dos morcegos, os ríos e as persoas |
20 de outubro de 2012. As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento de moitos mamiferos que dificilmente se poden ver como poden ser os morcegos. A conservación dos ríos e das suas ribeiras ofrece espazos de acubillo e matenza para estes descoñecidos animais. Coa intención de achegarnos ao mundo dos morcegos nos entornos fluviais e coñecer que podemos facer as persoas pola sua conservación, Proxecto Ríos e Drosera este sábado 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz. O encontro "Participación social e a conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais" realizarase na tarde do sábado. Haberá unha charla sobre os morcegos e a importancia dos ríos na súa conservación e unha mesa redonda na que se presentarán diferentes iniciativas de estudo e conservación destes descoñecidose e interesantes mamíferos. Ao final do día haberá unha actividade de identificación de morcegos. PROGRAMA
16.30 Presentación
Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate
Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos. Roberto J. Hermida. Drosera
18. 00 Mesa redonda
Persoas que custodian morcegos, Roberto J. Hermida. Drosera
Programa de seguemento de morcegos Quirorius, Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea 20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna |