Adega
INICIO Novas de EA Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local
Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local PDF Imprimir Correo-e
Envia Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local a FaceBookEnvia Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local a Twitter

CursoUDC2013Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organiza un curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local en colaboración coa universidade da Coruña (UDC). O medio ambiente e sobre todo a xestión de espazos naturais e a súa conservación ten implicacións en diferentes eidos, como a investigación, a comunicación, a bioconstrución, a creación de emprego verde…O curso está dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación ao nível local, en particular aos membros das ONGs e aos profesionais e cargos públicos da administración local, así como ao alunado da UDC e en particular ao de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo, dereito. PROGRAMA; INSCRICIÓN

Os obxectivos deste curso son:

- Divulgar os principais problemas ambientais globais e locais, nomeadamente os relativos á conservación da diversidade natural.
- Fomentar programas e proxectos que dende o ámbito local poidan contribuír a conservación da biodiversidade.
- Divulgar diferentes ferramentas de xestión así como experiencias de conservación desde os municipios.
 
PROGRAMA:
Martes 2 de xullo
9.30h – 14.30h. Introdución: Problemática do medio natural.
?Do local ao global
?Interese da conservación
?Visita a proxectos de conservación no campus da UDC (Oficina de Medio Ambiente)
Profesorado:
Lucia Parente, técnica de ADEGA
Manuel Soto Castiñeira, profesor da UDC.
Elvira Sahuquillo Balbuena, profesora da UDC.
 
Mércores 3 de xullo
9.30h – 14.30h. Figuras e instrumentos legais de conservación. Estratexias e ferramentas de conservación. Elaboración e deseño de programas de conservación
Profesorado:
Fins Eirexas, sec. executivo de ADEGA
 
Xoves 4 xullo
10.00h – 18.00h. Visita a dous proxectos de custodia e conservación marítima e terrestre
-MardeLira
-Coop. Agroecolóxica Rainha Lupa (Quilmas)
-Asoc. Monte Pindo Parque Natural
Guías:
José M. Parada (O canto da Balea)
Xosé M. Casais (Coop. Rainha Lupa, Quilmas)
Mario Maceiras (Monte Pindo Parque Natural)
María Rodríguez Lafuente (ADEGA)
 
Venres 5 xullo
9.30 – 14.30- Conservación e participación social
-Iniciativas e experiencias: a custodia do territorio
-Iniciativas e experiencias de conservación da biodiversidade
Profesorado:
Ramsés Pérez, educador ambiental de ADEGA
Francisco Bañobre, educador ambiental de ADEGA

Este curso ten unha parte teórica e unha parte práctica onde teremos a oportunidade de coñecer diversas experiencias de conservación como son os propias proxectos no campus da UDC, e adicaremos unha xornada a coñecer diferentes proxectos de custodia marítica como é o caso de Mardelira e de custodia terrestre como é o caso da coop. agroecolóxica Rainha Lupa (Quilmas) tamén teremos a oportunidade de coñecer o movemento social da Asoc. Monte Pindo Parque Natural que traballa para conseguir unha figura de protección a este espazo.

Máis información e matrícula: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso8/curso8.htm

Responsábel: María R. Lafuente (ADEGA), 628 378804 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA