Adega
INICIO Novas de EA Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos
Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Crónica do XVII curso de coordenadores/as de grupo do Proxecto Ríos a Twitter
img_0591.jpgO Proxecto Ríos vén de celebrar o XVII Curso de Formación para Coordenadores/as de Grupo na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, adicamos un espazo para coñecer iniciativas e actividades de voluntariado e educación ambiental nos cursos fluviais. Nesta edición contamos coa presenza de Pilar Monterrubio, do CENEAM, para expoñer interesantes propostas sobre educacación ambiental e voluntariado nos cursos fluviais.
img_0609.jpgA xornada deu comezo ás 11:00 da mañá coa acollida dos participantes e a entrega do material da xornada. Ás 11:15 iniciamos o curso coa presentación, por parte de Virginia Rodríguez, Coordinadora do proxecto, das actividades programadas para a campaña de primavera. A continuación Paco Bañobre, coordinador de grupos do proxecto, deu conta dos resultados obtidos nas inspeccións realizadas en 2012 polo voluntariado e que aparecen no Informe Anual que edita o Proxecto Ríos. De seguido, Lucía Parente, coordinadora do programa de Custodia Fluvial nas bacías dos ríos Ulla, Umia e Lérez, comentou o estado das diferentes actuacións desenvolvidas polo voluntariado en ditos ríos.
 
Arredor das 12:30h Pilar Monterrubio, do CENEAM, e Ramsés Pérez de Proxecto Ríos, falaron sobre Educación Ambiental e Voluntariado Ambiental nos cursos fluviais, expoñendo diferentes actividades que se poden realizar arredor dos ríos tanto con voluntariado como con centro de ensino.
 
img_0671.jpgÁs 14:00h realizouse unha dinámica participativa cos asistentes. Esta dinámica consistiu en que os diferentes grupos se presentaran e comentaran en que río están a traballar ou en cal pretenden facer as inspeccións.
 
Ás 14:30 dispuxémonos a xantar nas instalacións da Estación.
 
img_0689.jpgÁs 16:00 retomamos o traballo e saímos ao río Con para recoller os macroinvertebrados que identificariamos logo na estación. A pe de río o Dr. Rufino Vieira, expuxo os aspectos máis importantes á hora de realizar unha mostraxe representativa destes animais. Logo desta presentación dividímonos en tres grupos para a recollida de mostras en diferentes treitos do río.
A continuación, xa de volta na estación, os voluntariosdsc_7562.jpg e voluntarias separaron os diferentes tipos de macroinvertebrados tratando de identificalos coa axuda das fichas do Proxecto Ríos. Finalmente, Rufino impartiu unha clase detallada sobre estes animais, amosando a través dun monitor conectado cunha lupa os caracteres máis importantes para diferenciar as diferentes familias e as curiosidades sobre a súa bioloxía.
Ás 19:30 demos por rematada a xornada na que participaron 40 persoas.
Podes ver as fotos das xornadas no álbum de Google +
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA