Adega
INICIO Novas ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos
ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos a FaceBookEnvia ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos a Twitter

asemblea1Lugo, 31 de outubro de 2011.- O pasado venres, 28 de outubro de 2011,  ADEGA Lugo celebrou a súa Asemblea Ordinaria no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos de Lugo, na que anovou Directiva, aprobada por unanimidade. Montserrat Lombardía segue sendo a presidenta da delegación de Lugo, mentres que Adela Figueroa obstentará o cargo da Vicepresidencia e Lois Toirán, a Secretaría. No acto fíxose balanzo dos dous últimos anos de actividade, resumo das contas e presentouse o programa de roteiros 2011-2012. A xornada completouse coa charla organizada conxuntamente co Colexio de Arquitectos de Lugo: "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros".

A nova Directiva de ADEGA Lugo, que foi presentada como candidatura única e aprobada por unanimidade está constituída polos seguintes membro:

Presidencia: Montserrat Lombardía Fernández.

Vicepresidencia: Adela Figueroa Panisse.

Secretaría: Lois Manoel Toirán Vázquez.

Tesourería: Xosé Manuel Rodríguez Fernández.

Vogalías:

-Belén Rodríguez Fernández.

-Anxo Manoel Lamelo Fernández.

-Mariluz Guerreiro Castro.

-Esther Gómez Fórneas.

-Carme Pérez Vázquez.

-Soidade García Pereira.

-Uxío Souto Castro.

-Xosé Luis Castro Blanco.

Por outra banda, nesta xuntanza, tamén se acordou por unanimidade trasladar a reunión semanal da delegación para os mércores de cada semana ás 20.00 horas no local da delegación en Ronda Fontiñas, 180 Ent.

A sesión rematou coa charla sobre o urbanismo de Barreiros promovida por ADEGA xunto co Colexio de Arquitectos de Lugo. Interviron na mesa: Raúl Veiga, Presidente colexio de arquitectos de Lugo; Ramón Lueje, ex-director xeral  de urbanismo e Daniel L. Vispo de ADEGA. Moderou a mesa o secretario xeral de ADEGA, Froilán Pallín.

Estas charlas completaranse o vindeiro venres, 4 de novembro, coa mesa titulada "Urbanismo e Dereito" na que participarán Alba Nogueira e Fernando de Abel Vilela, dous profesores de dereito administrativo da USC, e o secretario do Colexio de Arquitectos en Lugo, J. Luis Sanmiguel. Será no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos de Lugo, ás 20 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA