|
6 de febreiro de 2013. Con motivo do “Día Mundial dos Humidais” celebrado esta pasado 2 de febreiro, a Xunta declarou 9 lagoas como “zonas sensibles” dentro do Plano Hidrolóxico Galiza-Costa, incidindo en que estes humidais, entre os que se atopa A Frouxeira, están segundo a Xunta "entre os ambientes máis ameazados pola drenaxe, a contaminación e a sobreexplotación dos seus recursos". Porén, resulta bochornoso que en pleno inverno, o humidal da Frouxeira estea case sen auga, presentando unha marcada alteración do seu ciclo hidrolóxico, e que tal estado débase precisamente a que a D. X. de Conservación da Natureza abríu recentemente unha canle de desaugue con bulldózers e pás. Estas aperturas perpetradas á marxe da lei e reiteradamente denunciadas por ADEGA levaron á práctica desecación da lagoa en plena tempada de chuvias. Hai que ter cara para engadir outra figura de protección á Frouxeira cando a propia Xunta viola sistemáticamente as 4 xa existentes (LIC, ZEPA, ZEPVN, e Ramsar).
|
Ler máis...
|
|
29 de xaneiro de 2013. Alén de tentar converter a escasa Rede Natura galega (a máis cativa do estado en porcentaxe) nun polígono industrial mediante un Plano Director que da barra libre a eucaliptos, caza, eólicos, encoros e canteiras, a prevista ampliación de Feijóo e Hernández, pendente dende 2011, demórase sine die. Casualidade? Semella que non. Nestes dous anos, e nos espazos a incluir na prevista ampliación, autorizáronse todo tipo de actividades agresivas que mesmo chegaron a eliminar fisicamente hábitats coa máxima protección europea: Plantacións de piñeiros sobre turbeiras; de eucaliptos sobre flora endémica; rozas con maquinaria pesada sobre dunas; canteiras e minas sobre humidais; dragados; grandes encoros... A estes exemplos de desleixo e feitos consumados engádese agora un novo caso: A tala dun bosque húmido atlántico no concello das Pontes, xusto nunha área proposta para ampliar a Rede Natura (LIC Río Sor).
|
Ler máis...
|
No ano 2010 unha trintena de entidades sociais Ferrolterrás de moi diversa índole (asociacións de viciños, deportivas, culturais, ecoloxistas, partidos políticos, etc.) presentaron alegacións ao proxecto de construcción do tren ao Porto Exterior de Ferrol. (neste enlace póden cunsultarse as alegacións que presentou ADEGA-Ferrolterra de xeito particular).
|
Ler máis...
|
Fene 13.1.2013. As delegacións en Ferrolterra de ADEGA, Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural estivemos no Feirón de Perlío (Fene) para recoller sinaturas a prol da ILP en contra da incineración e a favor das 3 “R”. Máis información: http://adega.gal/info/090121joomla/axenda?task=icalrepeat.detail&;evid=676&year=2013&month=01&day=12&title=recolla-simultanea-de-sinaturas-contra-a-incineracion&uid=546fba698937d67c5838695af7eeb77f |
Ferrol 7.1.2013. As delegacións en Ferrolterra de ADEGA, Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural estivemos na Praza de Armas de Ferrol para recoller sinaturas a prol da ILP en contra da incineración e a favor das 3 “R”. Recolléronse máis de 200 sinaturas e próxima convocatoria en Fene o dia 13.1.2013. Algunha foto adicional: http://www.flickr.com/photos/antonio_ferrol_7592/sets/72157632472857238/with/8361983010/ |
Ferrol 5.1.2013. Limpeza no río da Sardiña , na eseada da Malata. Organizado por Acción Directa, acometeouse a limpeza doutro espazo público en estado de, o lugar elixido foi o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizouse unha limpeza por membros de Accion Directa e coa presenza de representación de Adega. En total rescatáronse uns 500 kg de residuos sólidos. É de destacar as irregularidades que se veñen cometendo neste espazo natural, ao lado deste encóntrase a FIMO, baixo responsabilidade do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol, e do propio Concello, este recinto dispón dun punto limpo a escasos 15 metros da canle do río, co conseguinte risco que entraña, pero o máis grave é o vertedoiro incontrolado que teñen no interior do recinto, e outro que utilizaban indiscriminadamente na mesma canle do río, moitos dos residuos atopados pertencen ás prácticas do carné de conducir, conos, fitas plásticas, etc. Información adicional : http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ https://picasaweb.google.com/103628424242467611486/LIMPEZARIOSARDINA |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 29 |