|
Ferrol 10.5.2013. Praza de Armas. Concentración de protesta po-lo proxecto de paso do tren cara ao porto exterior a través da propia ría de Ferrol co impacto que supón. Foi convocada a concentración de protesta po-la plataforma que aglutina a máis de 30 colectivos (grupos ecoloxistas, AAVV, asociacións deportivas, culturais, sociais, etc , entre outros ADEGA. Fixo leitura do manifesto Xandro García, vicepresidente de ADEGA, en representación dos colectivos convocantes....
Fotografía: Miguel Anxo Glez
Información adicional: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es |
|
Ferrol 4-5 maio 2013. Limpeza da ribeira e cauce do regato de Doniños. Organizado po-lo colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" traballause en duas xornadas, na recuperación e limpeza do canle do regato de Doniños (LIC Costa Artabra), unha das paraxes máis visitadas de Ferrol. Na xornada do sábado, retiraronse uns 200 kg de residuos, e outros centos máis de madeira. Na do domingo foi bastante menos, pois a maioría do retirado eran pezas plásticas moi miúdas, aparte de retirar tamén a madeira atopadas. Participaron membros do colectivo “Acción Directa” , voluntarios e tamén houbo representación e participación de xente de Adega na comarca de Ferrol.
Información adicional: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ |
Ferrol 24.4.2013. Entrevista ao presidente de ADEGA-Ferrol na TV de Ferrol. Realizada entrevista a Nés Lópes, presidente de Adega na delegación de Ferrol, en relación ao Dia Internacional da biciicleta(19 abril) , ao Dia Internacional da Terra (22.abril), diversos campos de actuación de ADEGA, divulgación da propia asociación ,etc. Acceso completo á entrevista:
Parte 1: http://youtu.be/5opCtuDhIvk Parte 2: http://youtu.be/01K67QawxlQ
|
Ferrol 20.4.2013. Concentración-protesta e xuntanza coa Ministra de Fomento po-lo asunto do trazado do tren ao porto "exterior" a través da ría de Ferrol. Con ocasión da visita da Ministra de Fomento a Ferrol, realizouse unha mobilización de protesta polo proxecto de pasar o tren de acceso ao porto exterior de Ferrol a través da propia ría. Xandro García, vicepresidente de Adega e César Bedoya, do Club do Mar actuando en representación da plataforma de opositores ao trazado sur do tren ao porto exterior de Caneliñas (máis de 30 colectivos), expúxoselle que a construción do viaduto sobre a ría supoñerá a desaparición da enseada da Malata e do banco marisquero ademais esa enseada é ou sustento de moita xente e moito nos tememos que mesmo poida converterse nun problema de saúde. A ministra se comprometío a revisar o asunto e ver a opción mellor. Foto D Alexandre (D.Ferrol). Información adicional: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es. http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/958-concentracion-protesta-polo-tren-atraves-da-ria-de-ferrol |
10 de abril de 2013. Tras a análise da declaración de impacto ambiental (DIA) deste proxecto, publicada no BOE este pasado sábado 6 de abril, e apesar das modificacións cosméticas esixidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, ADEGA ve neste documento a sentencia de morte tanto da enseada da Malata como do humidal de Cariño. Admítese a modificación do fluxo de auga mariña na enseada da Malata pero réstaselle importancia. Só este feito é motivo máis que de sobra para non escoller a alternativa sur do trazado, dado que unha redución do fluxo de auga (actualmente moi inferior ao orixinal debido ao peirao carboeiro) suporá o progresivo esmorecemento da enseada da Malata, ao que hai que engadir o rocambolesco túnel baixo o humidal de Cariño.
E que non había outro xeito de facer millor as cousas?
|
Ler máis...
|
Ferrol 23.3.2013. Incoacción e práctica de dilixencias por parte do Fiscal Xeral de Galicia en relación coas presuntas corrupcións e irregularidades coa planta de gas de Mugardos. Tra-la denuncia de membros do Comité Cidadán de Emerxencias para a Ria de Ferrol, ADEGA e AGE diante do Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa, tal Fiscalía abre dilixencias e solicita documentación ao Concello de Mugardos, á Consellería de Medioambiente e á propia Reganosa. Na documentación da denuncia, entregado un amplo dossier informativo sobre a planta de gas , a situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza do Tribunal Supremo, e na perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de lexislación medioambiental e de seguridade, así como o grande impacto ambiental como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico, etc,etc. Información adicional: http://cociudem.wordpress.com/ |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 29 |