|
15.04.2012. Pola defensa das Fragas do Eume. ADEGA apoia e participa na concentración convocada pola Plataforma en defensa das Fragas do Eume o domingo 15 ás 12h diante do concello da Capela. O acto desenvolverase baixo os lemas "Salvemos as Fragas, Solucións XA!” e “Arde Galiza, Feijoo responsable".
Intervirán o escritor Xabier P. Docampo, os viciños afectados, o vogal de ordenación do territorio e urbanismo de ADEGA Daniel L. Vispo, e o portavoz da plataforma Miguel Anxo Abraira.
PARTICIPADE!!!
|
|
Ferrolterra. 14.04.2012. ADEGA colabora na organización da 1ª Andaina Polo Río Baa. O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km. Comezaremos na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe. Dende aquí partiremos cara a Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeno alto para comentar a historia deste pedrón así como as tradicións que o rodean. Logo continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construción pre-romana. Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección. Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.
Contacto Serxio: 662428976 |
Pontedeume. 4.4.2012. ACCION DA PLATAFORMA PARA A DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME. Lugar: Centro de interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume . Acción: -Presentación diante do Director do Parque dun grupo de voluntarios para prestarse a colaborar coa administración e os propietarios nas labores inmediatas conducentes a minimizar e paliar no posible os efectos do incendio no ecosistema do Parque Natural (monte, río e ría). -Entrega ao Director do Parque a Taboa reivindicativa da Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume (integrada por diversos colectivos , entre outros , por ADEGA) para a defensa das Fragas do Eume. |
Ferrol, 1 de abril de 2012. Dende ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia queremos amosar a nosa solidariedade coa veciñanza dos Concellos de A Capela, As Pontes e Monfero que están a padecer as consecuencias directas dos incendios declarados durante a fin de semana e que afectan ao Parque Natural das Fragas do Eume e á zona de Anca. Así mesmo envíamos o noso apoio aos efectivos e persoas voluntarias que están a traballar nas labores de extinción. Sumadas unhas circunstancias meteorolóxicas desfavorables, o lume que afecta as Fragas do Eume é a consecuencia directa dunha política forestal baseada na falta de planificación e xestión forestal, así como o fomento de plantacións con especies que favorecen os incendios.
|
Ler máis...
|
Ferrol. 24.3.2012. Xornada de Limpeza de Praias. Doniños (Ferrol). . Organizado, como anos anteriores, por Surfrider Foundation e Ocean Surf Club, e coa colaboración do Concello de Ferrol, cidadanía en xeral e representación de membros de ADEGA na comarca.Extraidos 4 contenedores de lixo.
Informacion adicional: http://www.initiativesoceanes.org/index.php?&lang=3 http://desdelacroa.blogspot.com.es/2012/02/citas-iniciativas-oceano-2012.html |
Ferrol, 22 de marzo de 2012. Os días 22, 26 e 28 de marzo nove mariscadores comparecerán diante do Xulgado do Penal de Ferrol polo acontecido en maio de 2007, cando promovido polo Comité Cidadán de Emerxencia, leváronse a cabo as accións de protesta para impedir a entrada ilegal na ría dos primeiros gaseiros, cargados con GNL, rumbo a Reganosa e nas que participaron centos de persoas, entre outros varios representantes e membros de ADEGA na comarca de Ferrrol, algún deles testigos no xuizo. O fiscal impútalles delitos de resistencia e grave desobediencia á autoridade, e solicita penas que van até 3 anos.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 29 |