Ferrolterra 7.10.2012. Dentro do programa Proxecto Ríos, entre os días 29 de setembro e 6 de outubro realizáronse as tarefas de limpeza nas ribeiras dos ríos Xuvia, Baa, Castro e Cádabo coa organización e participación de diferentes colectivos como Néboa, Club Chivieira, AETNA, Concellos de San Sadurniño e Fene, membros de ADEGA e cidadáns en xeral. |
Ferrol 2.10.2012. A Plataforma de defensa do río Baa, integrada polas sociedades: SGHN, ADEGA, Verdegaia, Plataforma da defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo DENUNCIAMOS públicamente a impunidade na que se están a producir graves agresións medioambientais no río Baa e o seu entorno:
-O río Baa desecado. Un desvío do caudal do río nos altos de Laraxe provoca que o cauce natural permaneza completamente seco nun tramo de máis dun quilómetro, ata que outros aportes o van recuperando paseniño.
-Alteración da capa freática. O deseño da autovía a Lavandeira rachou o perfil natural das brañas da cabeceira do río e provocou un desvío permanente dun importante caudal cara á bacía de Perlío.
-Vertedoiros incontrolados. En zonas próximas ao río, algunhas de humidais, nos concellos de Cabanas e de Fene, entre Laraxe e Os Casais, existen máis de dez puntos de vertedoiros incontrolados que invaden a zona de policía e aumentan en dimensións e número semana a semana.
-Tala da vexetación de ribeira.
-Depósito asfáltico. Centos de miles de toneladas de refugallos asfálticos contaminantes, procedentes de Holanda, seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas invadindo a zona de policía do río .
Denuncia_Rio_Baa.2012.doc |
Ferrol, 1 de Outubro de 2012.- A delegación de Ferrolterra denunciou unha vertedura de augas fecais que se está a producir no río Sardiña. A citada vertedura prodúcese a través dun tubo de augas pruviais no punto no que este río se cruza coa estrada de Xoane.
Esta vertedura é unha de tantas das que se están producir na comarca, que non fai máis que aumentar a contaminación que chega á Ría. Neste caso, e ao producirse nun río, unha zona máis sensible á contaminación, é aínda máis grave. Ademáis, este tramo de río onde se produce a vertedura é unha zona ben conservada, que mantén unha vexetación e fauna saudables, gracias ao esforzo dalgúns viciños que se encargan de limpar a zona.
Ademáis, ADEGA quere recordar que segue sen estar en funcionamento a EDAR de Prioriño, que inicialmente ía estar rematada no ano 2000, e que acumula xa un retraso de 12 anos. Tamén quere alertar que moitas das canalización de augas fecais non están conectadas co tubo colector que as levará á EDAR, e que moitas das infraestructuras que se construiron esta canalización (como as bombas para impulsar estas augas para a EDAR) estarán xa obsoletas cando entre en funcionamento a EDAR. Tamén quere resaltar que moitas canalizacións seguen a ser conxuntas de augas pluviais e fecais, cando xa deberían estar separadas.
Unha vez máis, esta nova vertedura pon de manifesto, a deixadez por parte do Concello e a empresa de augas municipal (EMAFESA) no control dos entubados de augas pluviais e fecais, a nefasta xestión de residuos que está a levar a cabo tanto a xunta como o goberno español.
|
As Pontes 1.9.2012. ADEGA, SGHN e Verdegaia expresamose a total disconformidade coas declaracións do Presidente de Augas de Galicia, nas que manifestaba non ter constancia de que se lle solicitaran datos sobre a calidade das augas que enchen o oco da antiga mina de lignito das Pontes. Cando menos en cinco ocasións no último ano, enviamos cartas, solicitudes e escritos con rexistros de entrada diante de Augas de Galiza . Nembargantes, a resposta foi cero. ADEGA Verdegaia e a SGHN solicitamos que se teñan en conta os nosos criterios, baseados fundamentalmente nas investigacións levadas a cabo pola Universidade de Compostela e expostas no proxecto do enchido, que, tendo en consideración o principio de cautela, se supervise por un equipo independente da empresa os resultados emitidos por esta e que se certifique que no momento da entrega do espazo á Xunta de Galiza os obxectivos acadados coincidan cos previstos no proxecto. En caso contrario, ENDESA debe facerse responsable dos custes orixinados para as enmendas precisas co fin de acadar que a entrada da auga no Eume se faga en condicións satisfactorias. Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/829-adega-verdegaia-e-a-sghn-cuestionan-a-calidade-das-augas-que-enchen-a-antiga-mina-das-pontes |
Ferrol 29.8.2012. Adega na comarca de Ferrol, volve a insistir diante da Consellería de Sanidade, para que no proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del Ferrol se usen enerxías renovables. Adega na comarca de Ferrol,volve a presentar solicitude ante o Servizo Galego de Saúde, para que no actual proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del Ferrol, que fundamentalmente se basea na renovación do sistema de caldeiras e aprovisionamento a gas, se implemente o uso de enerxías renovables (solar, xeotérmica,....) na instalación do novo equipamento en consonancia coas novas directrices estatáis e europeas respecto a aforro e eficiencia enerxética e coa protección do medioambiente.
En febrero 2012, dende ADEGA presentamos alegacións ao proxecto http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/707-propostas-de-adega-ao-proxecto-de-mellora-enerxetica-da-area-sanitaria-ferrol no sentido que se pode aproveitar esta oportunidade de renovar ou sistema enerxético dos hospitáis, para impulsar ou uso de enerxías renovables, sen ter resposta algunha ás nosas propostas.
Antes de que se leve a cabo a execución do proxecto , dende ADEGA, solicitamos que se de prioridade na concesión da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol aos proxectos que incorporen iniciativas de instalación e uso de enerxías renovables, o cal sería beneficioso tanto dende ou punto de vista económico como ambiental e de saúde
Suministración_enerxética_a_hospitáis_Area_Sanitaria_Ferrol._Aportacións_de_ADEGA.agosto.2012.pdf
|
|
|