|
19 de abril de 2010. As entidades ADEGA A.M.A.L. (Agrupaçon de Montanha Augas Limpas), Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra XXI, DROSERA, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N.Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia presentan unha denuncia diante da Fiscalía de Medio Ambiente por atopar irregularidades no proceso de tramitación da solicitude de concesións mineiras na mina de andalucita no concello d'As Pontes, ás portas das Fragas do Eume.
Baixa o escrito da Denuncia_MINA_de ANDALUCITA 160KB
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 19.4.2010 de 10,30 a 13,30. Feira de Ferrol, na Praza Vella de Ferrol . Novo mercadiño de troco Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas para troco ou cesión. Colaboran diversos colectivos (Unións Libertarias, Verdegaia, ADEGA, SGHN, Cooperativa Xoaninha,Asociacions Vecinais,Masa Critica etc,etc) e particulais. Información adicional: http://trocaferrol.org/ ou Nés López 649779774 |
4 de abril de 2010. A explotación, promovida por Picobello Andalucita S.L., de capital británico e surafricano, xa fora rexeitada pola anterior Xunta polos impactos no Parque Natural das Fragas do Eume. Agora, logo de modificacións "cosméticas", a administración aprobou a DIA da mina a ceo aberto que degradará aínda máis as maltreitas Fragas do Eume. A contorna -o monte Fontardión, no alto Belelle- é unha zona ben conservada hábitat de especies protexidas como a tartaraña cincenta ou o bufo real (só 10 parellas en Galiza) e que debería funcionar como corredor ecolóxico entre o LIC Xubia-Castro e o Parque Natural do Eume. A explotación fica uns metros fóra destes espazos mais os impactos (arrastres, perda e degradación dos hábitats, desfeita paisaxística) non entenden de fronteiras administrativas. E todo para que o a andalucita, mineral utilizado na fabricación de tixolos, vaia fóra do país, ao estilo dun neocolonialismo "anglo-boer".
|
Ler máis...
|
Ferrol 29.3.2010. 19 hs. Nova concentración de repulsa pola entrada ilegal de gaseiros na ría de Ferrol hacia a pranta de regasificación de Mugardos. Punto de encontro: Diante do Edificio da Xunta de Galicia. Praza Amada García. Ferrol. Convocados polo Comité Cidadán Emerxencias da Ria de Ferrol e apoiada por diversos colectivos, entre outros por ADEGA. De novo, prevista entrada dun gaseiro, neste caso o Madrid Spirit, poucas datas despóis de nova multa a Reganosa por verquidos ilegais á ría de Ferrol. |
Ferrol, 25 de marzo de 2010. REGANOSA, malia a ser recentemente multada con 9.000€, segue a incumprir a autorización de vertedura, coa complicidade da Xunta. Esta empresa privada, participada nun 10% pola administración galega, leva vertidas á ría de Ferrol 115 millóns de m3 de augas residuais dende a súa entrada en funcionamiento en novembro de 2007. No entanto, e malia as multas, a Xunta de Galiza segue a permitir que Reganosa incumpra as condicións do permiso de vertedura: a empresa segue sen achegar os datos das medicións en continuo do cloro e da temperatura da agua, única forma de valorar o cumprimento dos condicionantes da autorización e de garantir a non afección ao ecosistema da ría. http://www.xornal.com/artigo/2010/04/12/galicia/ferrol/adega-denuncia-reganosa-verte-augas-residuais-ria-ferrola/2010032523444701563.html Multa REGANOSA (104 KB)
|
Ler máis...
|
Cabanas (A Coruña). 21.3.2010. Día da árbore. Plantación no piñeiral de Cabanas. As 11 h no areal de A Madalena en Cabanas. En desagravio po-la talla "indiscrimanada" realizada por Costas no "piñeiral de Cabanas", organízase por diversos colectivos coa colaboración de ADEGA una plantación de árbores en conmemoración do día da árbore e como desagravio por estes feitos. Haberá tamén, ademáis da plantación de árbores, xogos populares, música,etc. Coordina en Pontedeume o noso presidente comarcal Suso L Piñeiro:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. Información adicional: Salvemos o Piñeiral de a Madalena (Facebook).
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>
|
Páxina 29 de 29 |