|
11 de xuño de 2012. Hai uns días, o Tribunal Supremo declarou nula a modificación puntual do PXOM de Mugardos (ratificando outra anterior do TSXG) que permitíu a instalación de REGANOSA no corazón da ría de Ferrol por carecer da Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Tamén recentemente, este mesmo tribunal fallou contra a declaración de supramunicipalidade da fatoría de ENCE, na ría de Pontevedra, deslexitimando de paso a Autorización Ambiental Integrada concedida no seu momento pola Xunta. E como non hai dous sen tres, o mesmo TS ratificou hai xa 3 anos a ilegalidade dos depósitos de hidrocarburos do Ferrazo, que FINSA-FORESA instalou na ría de Arousa. Como é posíbel que tras reiterados fallos xudiciais estas instalacións perigosas, contaminantes e ilegais poidan seguir funcionando impunemente? E como é posíbel que a Xunta evite respectar estes fallos e preocúpese máis de facerlle o xogo aos contaminadores para que poidan seguir ameazando as nosas rías e a nosa saúde?
|
Ler máis...
|
|
Ferrol 17.6.2012. Nova edición do Mercadiño do Troco. Colaboramos diversos colectivos (ADEGA, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. http://trocaferrol.org. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable. Nesta ocasión, además de levar diverso material, entre outro de Adega, levouse material referente á Eurocopa 2012 |
Betanzos 8.6.2012. En relación có Dia Mundial do Medioambiente, organizada palestra , actuando , entre outros,como relator, Nés Lopes ,presidente de ADEGA-Ferrol, que falou sobre a problemática do lume nas Fragas do Eume. |
Ferrol 8.6.20012. Limpeza na Praiza de Caranza (Ferrol). Dentro da camapaña de “Limpeza simultánea de praias. Día Mundial dos Océanos” (ver http://adega.gal/info/090121joomla/ultimas-novas/781-mais-de-700-persoas-nas-praias-galegas-en-defensa-dos-oceanos) varios membros de Adega Ferrol, simpatizantes de veciñanza en xeral, particparon na limpeza da praia de Caranza, actualmente pechada ao bano po-lo alto índice de contaminación por coliformes nas augas interiores da ría de Ferrol |
Fene-Cabanas-Mugardos (A Coruña). 9.6.2012. 2ª Roteiro Reivindicativo po-lo río Baa. Diante da problemática do depósito dos áridos almacenados nas inmediacións do Polígono de Vilar do Colo, os colectivos: PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO POLÍGONO INDUSTRIAL DO VILAR DO COLO. PLATAFOMA DE DEFENSA DOS CAMIÑOS, ADEGA, VERDEGAIA, S.G.H.N .convocamos para este próximo sábado día 9, coas actividades en defensa do entorno natural afectado por estes residuos perigosos, especialmente no que afecta á conca do río Baa , espazo natural privilexiado, que transcurre polos concellos de Cabanas, Fene e Mugardos ,todo isto de un gran valor paisaxístico e ecolóxico.Coa finalidade de demandar unha vez máis a súa retirada. Hai que ter en conta que a día de hoxe nin siquera se levaron a diante as disposicios esixidas no seu dia pola consellería: afastamento do domininio público, gávias perimetrais, cubertas dos acopios e reducción nun cincuenta porcento do volume dos materiais.
|
Ler máis...
|
07/06/12 Monfero. ADEGA-Ferrolterra, a Asociación O Abordelo e o Colectivo Terra organizan un acto informativo sobre a lei de montes. A cita será na antiga cámara agraria de Rebordelo (Monfero), ás 21h. Intervirán Daniel Vispo (Vogal de ordenación do territorio de ADEGA) e Alberto Lema Couso (Coordinador da Xunta Rectora da ORGACCMM). Este é o evento do Facebook: http://www.facebook.com/events/368609073198513/ |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 29 |