|
|
Ferrol 7.3.2013. Membros dos colectivos opostos ao trazado do tren ao porto exterior a través da propia ría de Ferrol (colectivos entre os que está ADEGA), fixemos unha concentración-protesta diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, contra tal proxecto de facer paso do tren ao porto exterior de Ferrol, a través da propia ría de Ferrol có impacto que supón, habiendo alternativas de menor impacto ambiental. O vicepresidente de Adega, Xandro García leu o comunicado da plataforma convocante. Foto: Miguel Anxo. Información adicional:
.http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/273-adega-presenta-alegacion-ao-proxecto-actual-de-tren-ao-qporto-exteriorq-de-ferrol-po-lo-seu-impacto
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/
|
Cabanas-Fene 23.2.2013. Denuncia e sanción por depósitos de áridos asfálticos potencialmente contaminantes xunto o río Baa. A Plataforma de defensa do río Baa integrada pola SGHN, Verdegaia, Adega, Plataforma de defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo, denunciamos en repetidas ocasións ante a fiscalía de medio ambiente e a Consellería de Medio Ambiente as irregularidades da empresa Manmer por incumprir a orde de retirada dos áridos contaminantes, segundo avalan diferentes informes, depositados en San Lourenzo, Cabanas e no porto exterior de Ferrol. Tra-la sanción da propia Consellería á empresa, os colectivos asinantes, solicitamos a total retirada dos refugallos deste entorno, restituíndo as condicións medioambientais que este ecosistema nunca deberá ver alteradas. Residuos_asfálticos.Denuncia_Adega_SGNH_Verdegaia2013.doc |
Ferrol 22.2.2013. Recollidas de sinaturas e actividades dos colectivos contra a trazado do tren ao porto exterior de Ferrol a través da propia ría de Ferrol. Tra-la recente asamblea dos colectivos (máis de 30, entre eles Adega..) que estamos a prol de defender a ría de Ferrol da “agresión” que suporía a ponte e recheos na propia ría po-lo trazado do tren ao porto exterior, e tras contactos con diferentes administración, creouse un blog e editouse un vídeo coa problemática desta nova agresión á ria :
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/2013/02/video-o-que-esconde-o-viaducto-do-tren.html) e estase agora nunha campaña de recollida de sinaturas e concienciación cidadá. A data desta nova, e tras case 3 anos, seguen sen resposta por parte do ministerio de Fomento as alegacións presentadas por Adega a tal proxecto. |
Ferrol 18.2.2013. Denuncias diante do Fiscal Xeral de Galicia en relación coa presuntas corrupcións e irregularidades coa planta de gas de Mugardos. Membros do Comité Cidadán de Emerxencias para a Ria de Ferrol, ADEGA e AGE mantuvimos un encontró co Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa. Entregado un amplo dossier informativo sobre a planta de gas. Explicandolle a Carlos Varela a situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza do Tribunal Supremo, e insistimos na perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. O proceso de destrucción da Ría de Ferrol como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar na que verten inxentes cantidades de hipoclorito sódico, denunciamos o recheo ilegal no que se asenta Reganosa asì como a complicidade das diferentes administracións. Solicitamos a esta Fiscalía que dada a situación de evidente ilegalidade, perigosidade e dano medioambiental inicie actuacións encamiñadas á suspensión da actividade de Reganosa. Información adicional: http://cociudem.wordpress.com/ |
Ferrol, febreiro de 2012. Membros do Parlamento Europeo xiraron visita á ría de Ferrol e á planta de gas de Mugardos para comprobar in situ a contaminación da ría e os proxectos agresivos que nela se desenvolven. Tralas denuncias presentadas por diversos colectivos como varias confrarías e o Comité Cidadán de Emerxencia (do que fai parte ADEGA), os membros do Parlamento Europeo visitaron as rías galegas, e en concreto poideron comprobar na ría de Ferrol a grave contaminación, a ausenza de depuración e o alto nível de lodos, así como as irregularidades e perigos da planta de gas de Mugardos. En poucos meses terán elaborado un informe ao respeito pero a impresión que levaron da situación foi que as denuncias presentadas tiñan suficiente fundamento. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 29 |