|
23 de agosto de 2012. A inauguración do mal chamado “lago de As Pontes”, en realidade unha balsa mineira, amosa numerosas incertidumes e máis que posíbeis riscos para a saúde e o ambiente. Para ADEGA, Verdegaia e SGHN a recente autorización do baño nestas augas resulta sorprendente, por canto Augas de Galiza continúa sen propocionar datos sobre a súa calidade. Esta información, imprescindíbel para avaliar o estado da balsa e, consecuentemente, os posíbeis riscos ambientais e cidadás, foille solicitada até catro veces ao longo deste último ano á Consellería de Medio Ambiente e segue sen aparecer na súa web. Cais son as razóns desta ocultación deliberada?
|
Ler máis...
|
|
Ferrol –Murgardos. 20.7.2012. VIª Marcha a pé a Mugardos .Como en anos previos, realizada a Marcha reivindicativa a Murgardos convocada po-lo Comité Cidadán Emerxencias e os colectivos da Asamblea Cidadá (entre os que está ADEGA) en protesta po-la planta de gas de Mugardos.
|
Ferrol 19.8.2012. Celebrada nova edición do Mercadiño do Troco. Colaboramos diversos colectivos (ADEGA, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. Nesta ocasión, además de levar diverso material, entre outro de Adega, levouse iniciativas relacionadas có ecoloxismo e coas olimpiadas. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poden trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable. |
Valdoviño (Ferrolterra).10.8.2012. Adega denunciou a actuación da Xunta de Galicia e Costas do Estado na lagoa da Frouxeira, onde se levaron a cabo tarefas de roza sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. Estas prácticas non cumpren as recomendacións do Plan Director da Rede Natura 2000 e ademais, contribúen a degradar a nosa biodiversidade máis fráxil e favorecer introdución de especies exóticas e invasoras. Hai que ter en conta que esta paraxe conta con cinco figuras de protección ambiental: zona LIC, ZEPA, Braña de Importancia Internacional Ramsar, Braña Protexida e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Non estamos de acordó en base ao datos recollidos no servidor cartográfico de información ambiental da propia Xunta e no Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España,coa resposta da Consellería de Medio, que argumenta a inexistencia de hábitats de interese comunitario nas áreas rozadas nin de especies protexidas.ADEGA poñerá estes feitos de desbroce irregular en Valdoviño e noutras zona de Galicia, en coñecento dos organismos europeos e internacionais competentes (Comisión Eurpoea, Parlamento e Secretariado de RAMSAR) |
Ferrol 22.6.2012. Praza do Himno Galego. Primeira concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos tra-la sentenza do Tribunal Supremo en contra da construcción da Pranta de Gas. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, participamos en unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca.
Informacion adicional: http://cociudem.wordpress.com/ |
27 de xuño de 2012. Logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol, o Valedor do Pobo vén de achegar a ADEGA unha información chave que demostra até onde chega a chafallada administrativa neste asunto. O Valedor destapa un informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que considera o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos. Logo de comezadas as obras a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente. E finalmente, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 29 |