Adega
INICIO Novas ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO
ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO a FaceBookEnvia ADEGA convoca á marcha en defensa da lingua no Día das Letras: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO a Twitter

Queremos_galego_LugoLugo, 14 de maio de 2012. A plataforma QUEREMOS GALEGO, da que fai parte ADEGA, convoca á manifestación que terá lugar o Día das Letras, o vindeiro 17 de maio, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela. O lema tras o que defenderemos o noso idioma será “Pola lingua que nos une. Paremos os ataques contra o galego”. De Lugo sairán buses ás 10 horas da mañá, diante de Sindicatos, na Ronda da Muralla. Para anotarvos, podedes chamar aos seguintes teléfones das organizacións integrantes de Queremos Galego que xestionan os buses: 982225812 (CIG) e 982280410 (BNG), até o mércores ás 20 horas.

Desde outras localidades partirán os seguintes buses:

FERROL

Saída de Ferrol (CIG) ás 10 h.
Saída de San Sadurniño (fronte ao concello) ás 09:45 h.
Saída de Narón (fronte ao concello) ás 10 h.
Faranse paradas en diversos sitios:
Fene (diante do Gadis) ás 10:05 h.
Gasolineira de Vilar do Colo ás 10:10 h.
Pontedeume (rotonda) ás 10:15 h.
Contacto para os autobues: Ana Vérez 689 39 28 61

LUGO

Saída ás 10 hs de diante do edificio sindical (Ronda da Muralla). Para apuntarse, chamar á CIG (982 225 812) ou ao BNG (982 280 410).

A CORUÑA

Saída da Praza da Palloza ás 10.30 da mañá. Cómpre anotarse previamente chamando ao local comarcal da CIG (981169293) da Coruña antes do 16 de maio ás 11 da mañá. A viaxe terá un prezo simbólico de 2 € por persoa para axudar a sufragar os gastos dos buses.

CEE

Saída da Estación de Autobuses ás 10 hs da mañá. Para anotarse (ata o martes 15) pódese facer directamente no local da CIG en horario de 17 a 21 hs, ou ben chamar ao 981 745 266.

CARBALLO

Saída do Pazo da Cultura ás 10:30 hs. Para anotarse (ata o luns 14 a mediodía) chamar ao 653 618 955. Organiza o transporte a Asociación Cultural Lumieira, haberá un prezo simbólico de 3 € para axudar a sufragar os gastos do autobús.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA