Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Lugo


Os roteiros de ADEGA-Lugo 2012-2013: A Galiza máxica II PDF Imprimir Correo-e
Envia Os roteiros de ADEGA-Lugo 2012-2013: A Galiza máxica II a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA-Lugo 2012-2013: A Galiza máxica II a Twitter
galizamaxicaLugo, 30 de outubro de 2012. ADEGA Lugo vén de presentar o seu programa de roteiros para o curso 2012-2013 que, desta volta, estará dedicado de novo a descubrir lugares máxicos, encantados ou marcados por algunha lenda ou tradición oral. Dado o éxito da primeira edición do programa “A Galiza Máxica. Un país de lendas”, na que participaron unhas 500 persoas, e por votación maioritaria dos seus socios e socias, ADEGA-Lugo dá continuidade a esta temática como eixo arredor do cal vai xirar os roteiros deste ciclo 2012-2013.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recollerá sinaturas para a ILP de Residuos na Facultade de Maxisterio de Lugo a Twitter

ILP-residuosLugo, 29 de Outubro de 2012.- A delegación de Lugo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) estará o vindeiro mércores na Facultade de Formación do Profesorado, na Avenida de Ramón Ferreiro, desde as 10:30h ata ás 14.00 h para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da redución, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo desde mediados de xuño en toda Galiza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Celulosa por riba de todo: Novas talas de eucalipto afectan a un castro protexido en Foz PDF Imprimir Correo-e
Envia Celulosa por riba de todo: Novas talas de eucalipto afectan a un castro protexido en Foz a FaceBookEnvia Celulosa por riba de todo: Novas talas de eucalipto afectan a un castro protexido en Foz a Twitter

A Mariña, 24 de outubro de 2012. ADEGA e MariñaPatrimonio denunciaron perante o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta un novo caso de tala dun monte de eucaliptos en Os Castros ou Engrobias, na parroquia de San Martiño do concello de Foz (Lugo), para que se investiguen os posibles danos que estes traballos están a xerar no devandito castro.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA recorre o auto de sobresemento da denuncia penal contra o alcalde de Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recorre o auto de sobresemento da denuncia penal contra o alcalde de Barreiros a FaceBookEnvia ADEGA recorre o auto de sobresemento da denuncia penal contra o alcalde de Barreiros a Twitter

foto RP recurso 2Lugo, 17 de outubro de 2012. ADEGA vén de apresentar Recurso de Reforma contra o Auto do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo decretando o sobresemento da denuncia penal contra o Alcalde de Barreiros Alfonso Fuente, a Comisión de Goberno do Concello e a arquitecta municipal. Marta Geada, e pídelle á Administración de Xustiza que garanta a independencia dos xuíces contra a intromisión do poder político. ADEGA advirte á Comisión de Goberno do Concello de Barreiros e á propia Xunta de Galiza, que argallou un fraudulento convenio para pagar con cartos públicos os incumprimentos dos promotores e tapar as ilegalidades cometidas polo concello, que poñerá todo o seu esforzo e empeño en que estas actuacións non queden impunes.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Un cento de persoas visitaron "Rir, por non chorar" en Monforte PDF Imprimir Correo-e
Envia Un cento de persoas visitaron "Rir, por non chorar" en Monforte a FaceBookEnvia Un cento de persoas visitaron "Rir, por non chorar" en Monforte a Twitter

expo MonforteLugo, 28 de Setembro de 2012.- Un cento de persoas achegáronse á carpa que ADEGA instalou no Parque dos Condes de Monforte de Lemos e que albergou a exposición itinerante de humor gráfico “Rir por non Chorar” desde o pasado día 24 até o 27 de setembro. Pese ao mal tempo foron moitos os cidadáns que disfrutaron da exposición e incluso colaboraron coa mesma traendo viñetas de creación propia. Esta exposición está enmarcada dentro dos actos do Proxecto “Cultura e Territorio” que ADEGA leva a cabo durante este ano 2012, un proxecto cuxo obxetivo é divulgar as ameazas que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural ademáis de buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos PDF Imprimir Correo-e
Envia A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos a FaceBookEnvia A expo "Rir, por non chorar" chega hoxe a Monforte de Lemos a Twitter

carpa exteriorHoxe, luns 24 de setembro ás 5 da tarde, ADEGA abrirá a súa exposición de humor gráfico “Rir, por no chorar” no Parque dos Condes de Monforte de Lemos. Despois da súa estadía en varias localidades da provincia, como en Lugo ou en Viveiro, a mostra desprázase á localidade de Monforte para achegar a aquelas terras unha visión retranqueira e irónica da problemática ambiental que vive o noso territorio. O obxectivo deste proxecto é concienciar sobre as ameazas e as agresións que pairan sobre o noso patrimonio natural e cultural. Por outra banda, intenta buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 22
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA