|
29 de xuño de 2012. ADEGA-Lugo vén de facer público un informe que compara o consumo enerxético da fatoría de ALCOA-San Cibrao cos consumos de diversos sectores socioeconómicos galegos. Os datos amosan a enorme pegada enerxética dunha instalación e un proceso, a electrólise do aluminio, moi intensivo no consumo de electricidade. Unha industria que por si soa consome tanta electricidade como o 74% dos fogares galegos contrae unha débeda ecolóxica proporcional coa sociedade, vistas as consecuencias que a obtención desta enerxía ten no ambiente. Porén, e fronte aos crecentes esforzos que se esixen á cidadanía (suba de impostos, encarecemento dos servizos, perda de dereitos...) as pretensións de ALCOA de obter a luz máis barata baixo a ameaza de peche e "deslocalización" semellan case obscenas. Como é que logo de 32 anos, ALCOA-San Cibrao non puxo en marcha ningún sistema de autoconsumo enerxético (solar, eólico, maremotriz, biomasa...) para reducir a súa fatura eléctrica? Análise comparativa ALCOA
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 27 de xuño de 2012. Nos vindeiros meses ADEGA, grazas á colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, desenvolverá varias actividades dentro da segunda edición do proxecto “Cultura e Territorio”, que se enmarca na campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”. Esta campaña pretende dar resposta a estas accións contra o noso patrimonio cultural e ambiental e está baseada na información contrastada e na procura de solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto cara o entorno.
|
Ler máis...
|
Crónica de Adela Figueroa Panisse. O domingo 17 de junho, os de ADEGA- Lugo fomos passear polos cumes da Serra do Galinheiro. No sul da Galiza atual, esta serra forma uma grande Atalaia sobre a costa atlântica. Aos seus pés localiza-se a maior densidade de povoação da Galiza,( Vigo, Gondomar, Baiona,) e as praias que se abrem à imensidade do mar que nos levou até as Américas e onde se deu a primeira nova dos “descobrimentos” de Cristovão Colom.Nesta montanha encontram-se imensas riquezas deixadas lá como pegadas dos primeiros habitantes da Galiza para os seus herdeiros/as que somos quem agora cá moramos. Estas riquezas vão desde os campos de mamoas, dos petróglifos de Água da Laxe, até as inúmeras lendas que se associam com estas magníficas montanhas.
|
Ler máis...
|
Lugo, 12 de xuño de 2012.- O vindeiro domingo, 17 de xuño, remataremos a campaña de roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 percorrendo a Serra do Galiñeiro. Trátase dun lugar cheo de lendas e tamén cun rico patrimonio noutros aspectos: arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico, etc. Estes valores abondarían para que a Serra fora incorporada ao Parque Natural do Monte Aloia. Pola contra, son moitas as agresións que poñen en perigo a súa riqueza: canteiras, vertedoiros, pistas, proxecto de instalación dun parque eólico, etc. Subiremos á Serra desde o lugar de Vincios (Gondomar) e realizaremos un percorrido circular de 10 km e de dificultade media acompañados pola Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro. Descárrega o CARTAZ.
|
Ler máis...
|
Lugo, a 12 de xuño de 2012.- O Movemento cidadán en defensa das aves da Muralla de Lugo, do que fai parte ADEGA, insta á Xunta a descartar a aplicación de herbicidas en xullo para a limpeza deste monumento, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ten previsto realizar estas tarefas de limpeza utilizando glifosato, un herbicida non selectivo e tóxico que poría en perigo a saúde das aves e doutros animais que aniñan e habitan na Muralla, admeais de ter efectos adversos na propia saúde humana.
|
Ler máis...
|
Lugo, 29 de maio de 2012. ADEGA, a Asociación sociocultural O Iribio e a Asociación veciñal Monte Caldeirón reclaman ao concello de Triacastela que defenda o dereito dos veciños e veciñas sobre o monte comunal de Vilar, coñecido como A Pedra, fronte as pretensións de ocupación da empresa Cementos Cosmos. A empresa, amparada nun decreto franquista de 1971, xa iniciou os traballos de apertura de pistas e deforestación deste monte para estender a actividade mineira a ceo aberto da canteira de calcaria que posúe no concello de Triacastela.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 22 |