|
Lugo, 10 de decembro de 2012.- A delegación de Lugo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a longo de todo o día de mañá martes, estará na Biblioteca pública de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro, desde as 10:30h ata ás 20 h, para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da redución, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que ADEGA, entre outros colectivos, está a levar a cabo desde mediados de xuño en toda Galiza. O obxectivo que persegue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, frear e desbotar a incineración como sistema de tratamento de lixo que o Partido popular da Xunta quere perpetuar no país, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos.
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 05 decembro de 2012.- Este domingo, 09 de decembro, ADEGA Lugo realizará un novo roteiro dentro do programa de andainas dedicado á "Galiza máxica". Desta volta, o roteiro levaranos á vila de Guitiriz na busca da "Porta do Alén". O percorrido, que será de 14 quilómetros,comezará coa visita ao “reloxo analemático” e o “recuncho da infancia” da vila. Á beira do Río Ladroil percorreremos parte da “Ruta da Auga” ata os “Sete Muíños”. Aquí enlazaremos coa “Ruta da Auga e a Pedra”.Estes treitos amosarannos fermosos elementos naturais e patrimoniais, moitos deles en deficiente estado de conservación. Trasladándonos á aldea de Vilares coñeceremos a casa de Díaz Castro, o poeta de Guitiriz. Tras a lectura dalgúns dos seus poemas, seguiremos camiño cara ao Buriz e remataremos o roteiro no petróglifo “As Calzadas” onde se conta que está “A porta do Alén”. Descarga o CARTAZ.
|
Ler máis...
|
Lugo, 5 decembro de 2012. Ante a deficiente ordenación urbanística do río Rato no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio dispuxemos a elaboración dun estudo hidrolóxico e hidráulico encamiñado a identificar de forma detallada a rede fluvial do Rato no seu treito medio-alto (ignorada polo novo PXOM) e a determinar as súas zonas inundables, aos efectos de provocar a necesaria revisión da ordenación proposta nesta zona da cidade de Lugo, tomando en consideración a súa problemática hidrolóxica específica e as súas potencialidades (corredor ecolóxico susceptible de se incorporar á rede de espazos libres públicos da cidade).
|
Ler máis...
|
Lugo, 27 de novembro de 2012. ADEGA convídate este sábado, día 1 de decembro ao I Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR”, ás 20 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos). Os artistas Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arremecaghoná encargaranse de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica e retranqueira de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. Todas aquelas persoas que queiran acceder a esta cita co humor e o medio ambiente terán que traer un par de pilas gastadas ou unha lámpada fundida para que entre todos e todas poidamos “cargarnos as pilas e renovar as ideas na defensa do noso territorio”. E de paso, fomentar a reciclaxe. O acto enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA, en colaboración coa Área de cultura da Deputación de Lugo, que, á súa vez, está dentro da Campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", a prol dunha ordenación territorial sustentábel.
|
Ler máis...
|
Lugo, a 22 de novembro de 2012.- ADEGA Lugo convídate o vindeiro mércores 28 de novembro ás 19.30 horas na Cova da Terra a coñecer que oportunidades de emprego ofrece o tratamento dos residuos a través da compostaxe, fronte á incineración (a queima do lixo) e o vertedoiro. A charla está organizada por ADEGA e a Plataforma galega Anti-incineración que están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola aplicación efectiva da redución, reutilización e reciclaxe dos residuos. Esta ILP precisa do apoio de todos/as vós para que chegue a debaterse no Parlamento galego. Precísanse como mínimo 15.000 sinaturas para que poida saír adiante. Haberá pregos de sinaturas á túa disposición para que poidas asinar e apoiar a causa. Agardámoste! |
Lugo, a 6 de novembro de 2012. Este domingo, 11 de novembro, ADEGA-Lugo inicia o seu programa de roteiros 2012-2013, dedicado á Galiza Máxica, co seu xa tradicional roteiro inaugural pola Serra do Courel. O Apalpador será a figura mítica sobre a que se vertebre a ruta, xa que andaremos polos camiños que o carboeiro transita polo Natal, cando baixa dos cumes da súa serra nai até os vales para apalpar as barrigas das crianzas. Ao mesmo tempo, achegarémonos a varios dos elementos máxicos do Courel, como o Castro de Brío, o Val das Mouras, o canón do río Lor ou o Pico do Coto. Ao final do roteiro, de 10 quilómetros de lonxitude e dificultade media, celebrarase un Magosto no lugar de Ferreirós de Baixo. Colabora SOS Courel. Descarga o Cartaz
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 22 |