Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
A ampliación de Alfonso Molina, lonxe de solucionar os problemas de mobilidade PDF Imprimir Correo-e
Envia A ampliación de Alfonso Molina, lonxe de solucionar os problemas de mobilidade a FaceBookEnvia A ampliación de Alfonso Molina, lonxe de solucionar os problemas de mobilidade a Twitter

alfonsomolinaA Coruña, 10 de abril de 2013. O alcalde da Coruña vén de confirmar a realización da obra de ampliación de Alfonso Molina que suporá un novo carril en cada dirección entre os tramos de Ponte da Pedra e Palavea. A necesidade desta ampliación basease nun tráfico rodado duns 145.000 turismos diarios por dita vía. A pesar de que moitos políticos seguen empeñados en crer que simplemente mellorando as infraestructuras para o vehículo privado solucionan o problema do tráfico, a realidade pode ser distinta se non se planifica podendo pola contra e como sinalan como numerosos estudos, provocar un maior uso deste medio aumentando as retencións e problemas circulatorios e consecuentemente as emisións de CO2.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local PDF Imprimir Correo-e
Envia Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local a FaceBookEnvia Curso de verán da UDC: Deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local a Twitter

CursoUDC2013Os días 2, 3, 4 e 5 de xullo ADEGA organiza un curso de verán sobre o deseño e xestión de proxectos de conservación a nível local en colaboración coa universidade da Coruña (UDC). O medio ambiente e sobre todo a xestión de espazos naturais e a súa conservación ten implicacións en diferentes eidos, como a investigación, a comunicación, a bioconstrución, a creación de emprego verde…O curso está dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación ao nível local, en particular aos membros das ONGs e aos profesionais e cargos públicos da administración local, así como ao alunado da UDC e en particular ao de ciencias, ciencias da comunicación, ciencias da saúde, economía e empresa, socioloxía, turismo, dereito. PROGRAMA; INSCRICIÓN

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A ría de Ferrol, espazo-lixo para Rajoy e Feijóo: Recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering" PDF Imprimir Correo-e
Envia A ría de Ferrol, espazo-lixo para Rajoy e Feijóo: Recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering" a FaceBookEnvia A ría de Ferrol, espazo-lixo para Rajoy e Feijóo: Recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering" a Twitter

StopBunkering26 de agosto de 2013. Por se non foran poucas as agresións que ten sufrido a ría de Ferrol (voaduras, contaminación, recheos...) agora Portos do Estado (Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao) pretende converter a ría nun centro de abastecemento e trafego de hidrocarburos entre barcos, operación coñecida como "bunkering". Dase o paradoxo de que mentres o governo de Rajoy rexeita estas prácticas por parte de Xibraltar e endurece os controis na baía de Alxeciras, na Galiza, na ría de Ferrol pretende autorizalas ás caladas co silenzo cómplice da Xunta. Está visto que hai colonias e colonias... Comunicado conxunto de ADEGA, Verdegaia e a SGHN.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plano do Oso: Inconcreción e pouca ambición da Xunta para que o plantígrado fique entre nós PDF Imprimir Correo-e
Envia Plano do Oso: Inconcreción e pouca ambición da Xunta para que o plantígrado fique entre nós a FaceBookEnvia Plano do Oso: Inconcreción e pouca ambición da Xunta para que o plantígrado fique entre nós a Twitter

PerigOSOsLugo, 25 de xuño de 2013. ADEGA presentou esta mañá as súas alegacións á revisión do plano de recuperación do oso pardo (Ursus arctos) en Galiza que pretende compatibilizar a chegada do oso pardo ás montañas orientais de Lugo coa actividade humana da zona. Dende ADEGA considérase necesario e fundamental este planexamento para conseguirmos afortalar a presenza desta xoia da nosa biodiversidade no país, mais sería preciso un documento máis ambicioso e concreto que este borrador. Sres. da Xunta: O oso merece moito máis que boas intencións!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen PDF Imprimir Correo-e
Envia Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen a FaceBookEnvia Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen a Twitter
30 de agosto de 2013. Esta mañá representantes dos colectivos asinantes do documento "Por unha Asemblea Galega contra o Lume: 10 medidas de país contra a desfeita", presentamos no rexistro xeral da Xunta máis de 2.500 sinaturas recollidas en poucos días avalando o texto. Para ADEGA, as causas estruturais dos incendios forestais están xa suficientemente diagnosticadas dende hai anos, e as medidas precisas para reducir a súa incidencia son tamén coñecidas. A pregunta é como unha administración que ten a capacidade técnica e xurídica para poñelas en marcha, alén de non o facer, mesmo lexisla en sentido contrario para seguir permitindo o deterioro do mundo rural abocado ao abandono, o lume e os eucaliptos. Nula prevención, recurtes de medios, máis superficie de pirófitas, menos franxas de protección, forestación de terras agrarias, cultivos enerxéticos, privatización encoberta das CCMM, uso do lume como ferramenta... Moitos dos lumes que arrasan arestora o país prendéronse tamén nos despachos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 114


ADEGA