Adega
INICIO Novas De fábrica de biodiesel a sumidoiro de refugallos perigosos: O Porto Exterior de Ferrol eleva a presión sobre a ría

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

De fábrica de biodiesel a sumidoiro de refugallos perigosos: O Porto Exterior de Ferrol eleva a presión sobre a ría PDF Imprimir Correo-e
Envia De fábrica de biodiesel a sumidoiro de refugallos perigosos: O Porto Exterior de Ferrol eleva a presión sobre a ría a FaceBookEnvia De fábrica de biodiesel a sumidoiro de refugallos perigosos: O Porto Exterior de Ferrol eleva a presión sobre a ría a Twitter

30 de maio de 2013. O Ministerio de Fomento está a tramitar o cambio de usos dunhas instalacións no Porto Exterior de Ferrol, pertencentes á empresa Entabán, e orixinalmente adicadas á produción de biocombustíbeis, para seren usadas como almacén e descarga de residuos marítimos perigosos (MARPOL). Dáse a circunstancia que as instalacións de Entabán xa tiveran hai uns anos unha importante vertedura á ría de Ferrol e que a empresa á que se traspasa a xestión dos refugallos perigosos, Ingaroil SLU, xa fora denunciada na Fiscalía por manter instalacións "clandestinas" para o tratamento de refugallos nas Somozas. Entre o trazado do tren, os dragados ilegais da canle para REGANOSA e agora o trafego de refugallos perigosos, o Porto Exterior vai supoñer a "puntilla" para a ría de Ferrol.

A modificación de usos solicitada basicamente consiste no traspaso do uso dunhas instalacións de elaboración de biocombustíbeis (Entabán Biocombustibles) no Porto Exterior de Ferrol, a unha actividade de carga, descarga e almacenamento de diversos residuos de aceites de motor, lubricantes, aceites de sentinas, residuos de hidrocarburos (gasolina, fuel-oil, gasóleo..) a cargo da empresa Ingaroil S.L.U.

ALEGACIÓNS

-Que o proxecto pretende utilizar unhas instalacións orixinalmente destinadas a producir biodiesel, para uso de  de carga, descarga y almacenaje de diversos residuos contaminantes, sen estar preparadas para tal actividade.

-Que as ditas instalacións de Entabán xa tiveron unha vertedura importante na ría de Ferrol hai uns anos, sen que con posterioridade tivéranse acometido modificacións nas instalacións nen posto en marcha novos protocolos de emerxencia ante eventuais novas verteduras.

-Que a propia empresa Entabán xa solicitara en 2012 autorización para almacenar hidrocarburos, solicitude que foi desestimada.

-Que as actividades de carga-descarga de residuos contaminantes, indefectiblemente van provocar verteduras en maior o menor cuantía a unha ría que xa sofre un alto nível de contaminación orgánica e inorgánica.

-Que con esta modificación se almacenaranse e trafegaranse residuos cualificados como peligrosos na Lista Europea de Residuos (LER) e recollida na Orde MAM/304/2002 (BOE 19.02.2002), preto dunha área mariña de elevada produción marisquera, e ao carón das bateas de depuración utilizadas polas confrarías de Ferrol e Barallobre, co consiguinte risco para a economía da comarca.

-Que a ría de Ferrol, nas inmediacións do Porto Exterior, acubila varias especies en peligro de extinción recollidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) e na Lista Vermella da Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza (UICN), como o ourizo Echinus esculentus e a gorgonia Eunicella verrucosa.

-Que preto das solicitadas instalacións existen varias manchas dasd algas Lithothamnion corallioides e Phymatholithon calcareum  recollidas no CGEA. Estas algas forman un hábitat coñecido como Maerl (o fondo de maerl), un dos hábitats mariños de maior biodiversidade, que podería verse afectado por eventuais verteduras producidas polo troco de usos solicitado.

-Que ol LIC “Costa Ártabra” atópase a escasos 1.000 m da zona na que se quiere colocar o almacén de residuos contaminantes e perigosos. De feito, o chamado Porto Exterior de Ferrol construiuse sobre una zona LIC que foi “descatalogada” especificamente para construir dita infraestrutura excluíndose do dominio público litoral.

-Que unha instalación deste tipo suporía un maior mayor trafego de buques con mercadorías e residuos contaminantes, incrementando o risco e as ameazas sobre a ría.

-Que na documentación presentada e sometida a exposición pública non se especifican as medidas tomadas pola empresa Ingaroil referidas á ”Prevención e loita contra a contaminación nol dominio público portuario”  (Artigo 129 da Lei 48/2003 de Prestación de servizos dos portos de interese xeral, BOE 27.10.2003)

-Que a respeito dunha solicitude similar, recientemente o goberno asturiano non autorizou unha instalación de similares características no puerto de O Musel de Xixón, en base, entre outros argumentos, a alto tránsito de buques con materiais contaminantes.

Por todo o anterior,  dende ADEGA SOLICITAMOS:

-Que non se aprobe ol proxecto de cambio de uso das instalacións de Entabán destinadas á elaboración de biocombustíbeis, para uso de almacenaxe, carga e descarga de residuos contaminantes.

-Que non debería aprobarse o proxecto sen un ditame previo favorábel de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Concellería de Medioambiente do Concello de Ferrol e do departamento ambiental da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (no procedimento actual, se non hai resposta enténdese que as administracións están de acordo co proxecto).

-Que no caso de que finalmente se autorice a mudanza de usos, se acondicionen e modernicen as actuais instalacións, e se elaboren planos específicos de continxencias e prevención de verteduras e outros accidentes.

-Que de aprobarse a almacenaxe de residuos contaminantes no Poto Exterior, cúmprase estritamente o prazo máximo de 8 días de permanencia para os residuos acollidos, tal como obriga o Real Decreto 145/1989 sobre “Regulamento de admisión, manipulación e almacenamiento de mercadorías perigosas".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA