Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Roteirríos 2012: rastros e pegadas PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteirríos 2012: rastros e pegadas a FaceBookEnvia Roteirríos 2012: rastros e pegadas a Twitter
peg.jpgContinuando cos itinerarios previstos para o Roteirríos 2012, o vindeiro sábado 17 de marzo estaremos de roteiro aprendendo a recoñecer rastros e pegadas. Este ano o programa Roteirríos está adicado a coñecer e axudar á conservación da biodiversidade dos ríos. Nos nosos ecosistemas fluviais habitan numerosos organismos que rara vez podemos observar. Pero existen métodos para recoñecelos. Indicios como pelos, pegadas ou defecacións poden facilitarnos moita información sobre a súa bioloxía e distribución no caso de saber interpretalos. PRAZAS COMPLETAS
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plantacións de eucaliptos sobre flora endémica e en perigo de extinción PDF Imprimir Correo-e
Envia Plantacións de eucaliptos sobre flora endémica e en perigo de extinción a FaceBookEnvia Plantacións de eucaliptos sobre flora endémica e en perigo de extinción a Twitter

roturacion00221 de xuño de 2012. O noso patrimonio natural máis valioso esmorece pola inoperancia e o desleixo da Xunta. A penúltima aldraxe, no concello de Palas de Rei, acumula ademais varias ilegalidades: unha plantación de eucaliptos sobre chan agrario queimado hai menos de 2 meses (incumprindo a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios) e nunha área na que están presentes endemismos botánicos como a Armeria merinoi, a Santolina melidensis ou o Iris boissieri, os tres catalogados como "en perigo de extinción" (incumprimento da Lei  9/2001 de conservación da natureza). Por riba, a zona figura na proposta da Xunta para ser incluida na Rede Natura 2000, ampliando o LIC do Careón. Cando esta ampliación chegue, os eucaliptos terán derramado os valores naturais desta área e a Xunta, unha vez máis, será cómplice da política de feitos consumados e terra queimada.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os castros da Mariña, en risco pola industria do eucalipto e a irresponsabilidade da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Os castros da Mariña, en risco pola industria do eucalipto e a irresponsabilidade da Xunta a FaceBookEnvia Os castros da Mariña, en risco pola industria do eucalipto e a irresponsabilidade da Xunta a Twitter

RPtalascastros1Lugo,  23 de xaneiro de 2013. Á ducia de denuncias contra a destrución de patrimonio arqueolóxico da Mariña de Lugo que tanto ADEGA como Mariñapatrimonio teñen presentado nos últimos dous anos, engádense agora outras 6 denuncias ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural contra novas agresións a 6 castros inventariados e protexidos da comarca, executadas co apoio da Xunta. Ambos colectivos advirten ás consellarías competentes en Medio Rural e Cultura que se seguen a actuar de xeito irresponsable, acudirán á Fiscalía.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos en 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos en 2012 a FaceBookEnvia Informe sobre o estado de saúde dos ríos galegos en 2012 a Twitter
InformePR2012Xaneiro de 2012. O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas polo voluntariado participante. Preséntanse os resultados das inspeccións, a metodoloxía empregada na realización do informe e as actividades máis importantes desenvolvidas durante 2012. Os resultados das inspeccións amosan que o 45% dos ríos están nun estado moi bo; o 34,5% bo; o 12,5% moderado e o 8% deficiente. Obsérvase un descenso moderado dos treitos con estado "moi bo" e "bo" respecto aos anos 2010 e 2011, que pasa dun 82% a un 80% así como un aumento dos de calidade "deficiente".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal PDF Imprimir Correo-e
Envia O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal a FaceBookEnvia O sistema de Nostián necesita millorar, aumentando a concienciación e a participación veciñal a Twitter
nostianA Coruña, 29 de marzo de 2013. Membros de ADEGA vimos de manter unha entrevista co concelleiro de residuos da Coruña, Enrique Luis de Salvador, para comunicarlle a necesidade de mellorar a participación cidadá na recollida selectiva e de acometer algúns cambios na xestión da planta de Nostián. Os resultados actuais da xestión do lixo no conxunto da Coruña e Consorcio das Mariñas distan moito dos obxectivos de reciclaxe fixados na actual normativa, e tamén dos acadados no ámbito do Barbanza, onde se aplica un modelo similar de recollida ao de Nostián. Mentres no Barbanza se recicla o 35% do lixo en 2011, Nostián abeira o 13%. Con todo, estes resultados son millores que os do sistema SOGAMA, que apenas recicla un 8%, e os empregos xerados por unidade de lixo tratada duplican aos de SOGAMA.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 114


ADEGA