Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
ADEGA participa na creación da Plataforma en defensa do tren da comarca da Coruña PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa na creación da Plataforma en defensa do tren da comarca da Coruña a FaceBookEnvia ADEGA participa na creación da Plataforma en defensa do tren da comarca da Coruña a Twitter
betanzos cidadeA Coruña, xuño 2013. Constituiuse na comarca da Coruña, a Plataforma en defensa do tren, co obextivo de parar o roubo que se está a cometer deste servizo necesario para a cidadanía e para o medio ambiente. ADEGA sumase a esta plataforma xa que vemos necesario que se manteñan os servizo actuais, e que se melloren liñas tanto en servizos como en frecuencias como podería ser a de Ferrol, A Coruña e que se paren estes recurtes aludindo a que como gastaron na liña do AVE agora teñen que recortar as liñas que ofrecen unha total vertebración do país. A plataforma elaborou o seguinte manifesto: POR UN TREN PÚBLICO E SOCIAL NA NOSA COMARCA
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Lirio do monte: Outra xoia máis do Monte Pindo. A que agarda a Xunta para declaralo Parque Natural? PDF Imprimir Correo-e
Envia Lirio do monte: Outra xoia máis do Monte Pindo. A que agarda a Xunta para declaralo Parque Natural? a FaceBookEnvia Lirio do monte: Outra xoia máis do Monte Pindo. A que agarda a Xunta para declaralo Parque Natural? a Twitter
1 de xullo de 2013. Os compañeiros/as da Asociación Monte Pindo Parque Natural (MPPN) veñen de facer outro importante achádego que alonga aínda máis a singularidade ecolóxica deste espazo: Atoparon exemplares do lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri), unha planta en perigo de extinción e incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. O Iris boissieri é unha planta endémica de Galiza e o NW de Portugal cunha dustribución xeográfica limitada a moi poucos enclaves (Xurés, Courel e Careón) esta última poboación de recente descubrimento. Atópase en regresión, particularmente aquelas poboacións situadas en zonas de baixa altitude, onde se extinguíu case por completo, agás no Pindo. Eis outra razón máis para protexer o seu hábitat. A que agardan Hernández e Borregón para declarar o Monte Pindo Parque Natural?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nova web e portal de ADEGA! PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova web e portal de ADEGA! a FaceBookEnvia Nova web e portal de ADEGA! a Twitter

Web nova9 de setembro de 2013. É para nós un pracer comunicarvos que vimos de activar a nova web de ADEGA, da que poderedes facer uso a partir de hoxe. A nova web de ADEGA intenta superar algunhas eivas da vella web, integrar toda a información que se produce no eido da organización, ser máis funcional para os socios e socias de ADEGA e para calquera usuario e ofrecer unha imaxe máis atractiva e moderna.O enderezo URL non muda, segue sendo “adega.gal”. Ademais poderedes acceder aos contidos do vello soporte na barra do fondo da actual web a través da ligazón “Web 2009-2013”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA presenta alegacións contra a procura de ouro no Val de Neira de Rei PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA presenta alegacións contra a procura de ouro no Val de Neira de Rei a FaceBookEnvia ADEGA presenta alegacións contra a procura de ouro no Val de Neira de Rei a Twitter

ouro bece planoLugo, 29 xullo de 2013. ADEGA vén de presentar alegacións contra o permiso de exploración mineira Lago II, na procura de ouro, cinc, cobre, prata e chumbo, nos concellos de A Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá. ADEGA oponse  á exploración das 396 cuadrículas mineiras que a empresa Goldquest Ibérica, SL, filial da canadiana Lundin Mining Corporation, quere prospectar nesta zona de interesantes valores naturais, patrimoniais e socioeconómicos. Pedimos á Consellaría de Industria que se establezan zonas "non rexistrables" nestes concellos que se exclúan de calquera actividade mineira por razóns de interese público; que non se conceda ningún permiso de exploración, investigación ou explotación mentres non se aprobe o Plan de Minaría nin se constitúa o Consello da Minaría obrigado por lei e que, por tanto, non se autorice este permiso, exposto publicamente até o día de hoxe.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes PDF Imprimir Correo-e
Envia O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes a FaceBookEnvia O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes a Twitter
norfor1.jpg29 de xuño de 2009. NORFOR, a filial forestal de ENCE,  está a aplicar cantiades masivas de herbicidas nas súas plantacións de eucalipto para eliminar o mato. A comunidade de montes de Rebordechán (Crecente, Pontevedra) vén de denunciar o uso de herbicidas nun monte de 25 Ha. Como consecuencia, o mato fica seco aumentando o risco de lumes. A isto hai que engadir o perigo de erosión (desníveis duns 600 m) e a contaminación dos acuíferos e mananciais. Precisamente a principios deste ano, NORFOR perdía o selo FSC (certificación forestal sustentábel) polas malas prácticas forestais, quer a aplicación de glifosato en parcelas certificadas. ADEGA pide ás comunidades de montes que denuncien os seus acordos oa papeleira se persisten no uso de herbicidas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 114


ADEGA