Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental contra as especies invasoras e pola conservación das áreas dunares a Twitter
inv118 xullo de 2013. A Fundación Biodiversidad  vén de seleccionar por segundo ano consecutivo a proposta de actuación de ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio". Ademais de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral e facilitar ferramentas de conservación á cidadanía. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares. As actividades do proxecto Conservando as nosas dunas para este ano, consistirán en dúas xornadas de voluntariado ambiental para a eliminación de flora exótica invasora que se realizarán os días 18 de xullo (lagoas de Xuño e Muro, Porto do Son) e 10 de outubro (praia da Corna, Pobra do Caramiñal). Xa está aberto o prazo de inscrición.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz PDF Imprimir Correo-e
Envia Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA-Lugo despídense este curso cunha visita ás Augas Santas de Allariz a Twitter

LaudasStaMarinhaEste vindeiro domingo 23 de xuño, ADEGA-Lugo convídate ao último roteiro deste curso 2012-2013 dedicado á Galiza Máxica. Visitaremos as terras de Allariz e o ineludíbel lugar de Santa Mariña de Augas Santas no que se respira un ambiente máxico e lendario. Tamén coñeceremos o equipamento de interpretación ambiental de O Rexo. A hora de saída será ás 8 da mañá desde Lugo e farase unha parada no lugar de Cambeo para recoller aquelas persoas que queiran vir de Compostela ou doutros lugares máis próximos a este punto. O propósito é regresar a tempo para as fogueiras de San Xoán. Vide con nós a despedir este curso de roteiros por todo o alto! Consultade e difundide este CARTAZ. Para máis información sobre os elementos a visitar, premede pdf+INFO.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil a FaceBookEnvia Máis de 3500 sinaturas contra a contaminación dos ríos Deva e Ribadil a Twitter
depuradora_da_caiza.jpgA Cañiza, 14 de novembro de 2008. ADEGA fixo esta mañán entrega no concello da Cañiza dunha petición asinada por mais de 3500 cidadáns residentes na comarca do Condado e da Paradanta. Nela os asinantes pídenlle ao alcalde da Cañiza, o popular César Mera, que poña fin os vertidos ilegais que dende hai anos están a contaminar gravemente os ríos Deva e Ribadil.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
De lobos exterminados, mentiras no Parlamento e tráfico de cabezas PDF Imprimir Correo-e
Envia De lobos exterminados, mentiras no Parlamento e tráfico de cabezas a FaceBookEnvia De lobos exterminados, mentiras no Parlamento e tráfico de cabezas a Twitter

altCompostela, 23 de xullo de 2013. Na última sesión da Comisión Parlamentar de Agricultura, Gandaría e Montes (ver vídeo), o D. X. de Conservación da Natureza Sr. García-Borregón respostaba a unha interpelación de AGE encol da "xestión" dos lobos no Barbanza por parte da Xunta. É difícil, mesmo nestes tempos, escoitar a un responsábel político dicir tantas falsidades en sé parlamentar, poñendo de manifesto a incompetencia e a chulería dunha administración ambiental máis ocupada en exterminar ao lobo e arranxar licenzas ilegais que en conservar o noso patrimonio natural. Escurantismo, ocultación de información sobre os híbridos, mentiras sobre o número de batidas, sobre os exemplares asasinados, tráfico de cabezas... En definitiva, unha administración que planificou e executou, ao máis puro estilo dos alimañeros franquistas, o exterminio do lobo no Barbanza coa inestimábel axuda de escopeteiros e gandeiros sen escrúpulos. Cando menos, e de quedarlle algo de vergoña, o Sr. García-Borregón debería dimitir por mentir ao Parlamento.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA esixe un compromiso claro da administración a prol da veciñanza da Lousa fronte a FENOSA PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA esixe un compromiso claro da administración a prol da veciñanza da Lousa  fronte a FENOSA a FaceBookEnvia ADEGA esixe un compromiso claro da administración a prol da veciñanza da Lousa  fronte a FENOSA a Twitter
lousa.jpg23 de abril de 2008. ADEGA esixe da Xunta unha intervención urxente para obrigar a LIMEISA-FENOSA a cumprir cos seus deberes ambientais. Non se pode tolerar que ante as múltiples evidencias de que LIMEISA está a poñer en risco a saúde humana e ambiental (ver o Informe CARBON LIMEISA.pdf Informe CARBON LIMEISA (1.23 MB), a Xunta de Galiza siga sendo condescendiente coa actitude prepotente e insolidaria da empresa. A administración non pode ter unha postura intermedia entre a cidadanía e a empresa: quen contamina, quen incumpre a lei, é a LIMEISA, e portanto é a que debe tomar as medidas precisas para evitar que os veciños respiren carbón e folerpas ácidas noite e día, así como compensar axeitadamente a quenes teñen que aturalo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 114


ADEGA