Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Denunciado por prevaricación o alto cargo da Xunta que aprobou a DIA da piscifatoría de Rinlo PDF Imprimir Correo-e
Envia Denunciado por prevaricación o alto cargo da Xunta que aprobou a DIA da piscifatoría de Rinlo a FaceBookEnvia Denunciado por prevaricación o alto cargo da Xunta que aprobou a DIA da piscifatoría de Rinlo a Twitter
Esquema das afeccións. Amplía!7 de abril de 2010. O fiscal de medio ambiente do TSXG ven de apresentar denuncia penal contra José Manuel Álvarez-Campana Gallo, actual presidente de Portos de Galiza, que en 2005 como D. X. de Calidade e Avaliación Ambiental asinou a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) da piscifatoría de Acuinor, en Rinlo (Ribadeo). Na súa denuncia, a fiscalía impútalle senllos delictos de prevaricación ambiental e urbanística, por autorizar a instalación na Rede Natura atendendo a "intereses económicos alleos". Trátase da primeira intervención xudicial pola vía penal para depurar responsabilidades dos altos cargos do último goberno Fraga, logo de que o TSXG a denuncia de ADEGA, anulara a autorización e a DIA desta piscifatoría nas Catedrais. Aviso a navegantes: asinar declaracións de impacto fraudulentas non vai saír de balde!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos PDF Imprimir Correo-e
Envia Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos a FaceBookEnvia Chega a pataca transxénica aos nosos campos e aos nosos pratos a Twitter
monsterpotato.jpg4 de marzo de 2010. A Comisión Europea vén de autorizar, logo de 12 anos de "moratoria" o cultivo dunha pataca transxénica e 3 variedades de millo. O novo monstruiño da BASF, The Chemical Company, a "Amflora", está manipulada para producir máis almidón e contén xenes que confiren resistenza a antibióticos. A Amflora empregarase na industria do papel e biocombustíbeis, mais BASF non descarta o seu uso en pensos animais. Deste xeito, os xenes manipulados da pataca chegarán até nós pola vía da carne animal, mediante a hibridación coas patacas traicionais e a contaminación dos alimentos, permitida pola CE até un máximo do 0,9% (por ingrediente) sen necesidade de que apareza na etiqueta. Bo proveito!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta persiste no erro de SOGAMA; mais a quen beneficia a incineración dos residuos? PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta persiste no erro de SOGAMA; mais a quen beneficia a incineración dos residuos? a FaceBookEnvia A Xunta persiste no erro de SOGAMA; mais a quen beneficia a incineración dos residuos? a Twitter
lamas.jpg2 de marzo de 2010. Atendendo ás recentes declaracións perpetradas polo presidente de SOGAMA, Sr. Lamas, confírmanse as peores previsións: a incineración seguirá a ser o piar fundamental do novo Plano de Residuos Urbanos, e a Xunta duplicará o erro histórico que convertíu a SOGAMA nun inmenso “buraco negro” contaminante e devorador de inxentes cantidades de cartos públicos. As demagóxicas palabras do Sr. Lamas, máis propias dun "bombeiro pirómano" que dun responsábel público, evidencian alén da súa ignorancia unha irracional fuxida cara adiante na xestión dos RSUs, ignorando as directivas europeas e colidindo coa lei estatal de residuos. Tanto ten, se o que cómpre é aumentar a débeda dos concellos con SOGAMA e engordar as contas de GN-Unión Fenosa, que verá duplicado o seu negocio cunha nova incineradora no sur de Galiza.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 111 112 113 114 Seguinte > Final >>

Páxina 114 de 114


ADEGA