20 e 21 de abril, Pontevedra e Poio. Estas xornadas, organizadas por ADEGA, CIG, a FRUGA e a ORGACCMM, son un paso máis no establecemento de marcos unitarios en defensa do noso medio rural. Baixo o lema “Por un medio rural galego vivo”, os concellos de Poio e Pontevedra acolleron unhas xornadas que marcarán un antes e un despois nas alianzas sociais en defensa do noso medio rural, no que ven sendo xa unha colaboración habitual das catro organizacións, como aconteceu coa oposición conxunta e a elaboración de propostas alternativas á Lei de Montes ou á Lei de Caza. Documento da_ALIANZA_por un RURAL_GALEGO_VIVO
|
Ler máis...
|
|
13 de maio. ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO. Dende a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro, da que fai parte ADEGA, convidámosvos á III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro. Nesta ocasión o percorrido denominámolo "Ruta da Auga" polo Galiñeiro húmido. "Os contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade." Extracto do Manifesto que lerá Manuel Rivas ao remate do roteiro. Baixa o tríptico (2Mb) cos planos e detalles do roteiro.
|
Ler máis...
|
27 de agosto de 2012. Os perdigóns provintes dun campo de tiro en Herbón caen por milleiros ao río Ulla, contaminando con metais pesados este espazo da Rede Natura do que se abastece a cidadanía da contorna de Padrón e do Barbanza. Dase a circunstancia de que os proxectís impactan tamén nunha zona recreativa do río usada por bañistas e practicantes de deportes acuáticos que corren o risco de ser alcanzados polos perdigóns. Sorprendentemente, o uso de munición con chumbo nos humidais e espazos protexidos galegos non é ilegal: Unicamente os perdigóns de chumbo (non as postas nen as balas) están prohibidos, só en determinados espazos e para o exercicio da caza (non se di nada do tiro). Con estes buracos na lexislación, toneladas de chumbo son vertidas cada ano nos nosos espazos protexidos. Só para o xabarín, a tempada pasada realizáronse 14.720 batidas...
|
Ler máis...
|
|
Dende mediados de xullo está en marcha a recollida de sinaturas dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA. Promovida por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais galegas, entre as que está ADEGA, o obxectivo é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, debemos recoller un mínimo de 15.000 sinaturas en 4 meses. Se eres eleitor/a en Galiza, podes asinar esta iniciativa e/ou colaborar na difusión e recollida dos pregos da campaña. Para isto, podes poñerte en contacto connosco através dos enderezos que atoparás máis abaixo. Indicarémosche a delegación de ADEGA ou colectivo máis próximo ao teu domicilio para facilitarche a sinatura.
|
Ler máis...
|
Compostela, 15 novembro de 2012. Esta fin de semana, días 17 e 18 de novembro, ADEGA participará na feira ecolóxica máis importante do país, Terractiva, coa mostra de humor gráfico “Rir, por non chorar” que se enmarca dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” e unha charla sobre a evolución do proxecto "Eira da Xoana" que tras varios anos de traballo xa se está a consolidar como un dos centros de divulgación ambiental e de recuperación cultural de referencia de Galiza.
ADEGA tamén levará o seu habitual posto de información e divulgación de actividades, no que recollerá sinaturas para a ILP contra a incineración.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 114 |