Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Bombeo Salas-Cunchas: Como lavar megawatios nucleares na Limia con encoros franquistas PDF Imprimir Correo-e
Envia Bombeo Salas-Cunchas: Como lavar megawatios nucleares na Limia con encoros franquistas a FaceBookEnvia Bombeo Salas-Cunchas: Como lavar megawatios nucleares na Limia con encoros franquistas a Twitter

hidrofranquismo11 de xaneiro de 2013. ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto de GN-Fenosa de unir mediante unha central de bombeo soterrada os encoros de Salas e As Cunchas, na baixa Limia. 74 meses de obras, máis de un millón de metros cúbicos de entullos repartidos pola reserva da Biosfera Gerês-Xurés a razón de 327 viaxes de camión diarias; baixadas de caudal ao mínimo durante meses nos dous encoros; riscos de eutrofización; eliminación física de 153 hectáreas de hábitats protexidos de e impactos sobre endemismos e especies en perigo de extinción. Todo para que GN-Fenosa siga espremendo dúas concesións franquistas (1949 e 1942) até esgotar os 99 anos de vixencia e, de paso, rendibilizar convertendo en "verde" a electricidade (mesmo nuclear) que non pode colocar no mercado ao prezo que lle convén cando a demanda é baixa. Un "lavado" en toda regra de megawatios suxos co timo do bombeo. Que por que ex-presidentes e ex-ministros acaban en eléctricas?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Voluntariado ambiental no río Liñares contra as especies invasoras PDF Imprimir Correo-e
Envia Voluntariado ambiental no río Liñares contra as especies invasoras a FaceBookEnvia Voluntariado ambiental no río Liñares contra as especies invasoras a Twitter

Imagen1ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, que se celebrará o sábado 16 de febreiro, dentro do proxecto de creación dunha rede de Custodia Fluvial nas Bacías do Ulla Umia e Lérez. A actividade se desenvolverá no concello da Estrada na parroquia de Lagartóns. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Custodiando o río Gallo: Limpeza de lavadoiros fluviais en Cuntis PDF Imprimir Correo-e
Envia Custodiando o río Gallo: Limpeza de lavadoiros fluviais en Cuntis a FaceBookEnvia Custodiando o río Gallo: Limpeza de lavadoiros fluviais en Cuntis a Twitter

Imagen2A chuvia non desanimou aos voluntarios e voluntarias que o pasado sábado 9 de marzo se deron cita en Cuntis para levar a cabo a limpeza dos lavadoiros fluviais. Esta actividadade enmárcase no proxecto de Creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia e Lérez desenvolvida por ADEGA, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A Asociación O Fervedoiro de Cuntis colabora con ADEGA dentro deste proxecto na bacía do Umia, desenvolvendo a súa iniciativa: Arredor da Auga, centrada na recuperación do patrimonio etnográfico vencellado ao curso do río Gallo na vila de Cuntis. Podes ver fotos da xornada no álbum de Picasa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
RoteiRíos 2013 polo treito alto do río Lérez PDF Imprimir Correo-e
Envia RoteiRíos 2013 polo treito alto do río Lérez a FaceBookEnvia RoteiRíos 2013 polo treito alto do río Lérez a Twitter
cartaz_roteirrios_2013_ii.jpg
O vindeiro domingo 28 de abril o Proxecto Ríos organiza o primeiro Roteirríos 2013 desta volta destinado a coñecer iniciativas de Custodia Fluvial. A ruta aberta a toda a cidadanía pero con prazas limitadas percorrerá o novo tramo de pesca sen morte creado ao abeiro do Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez. Iniciativa de ADEGA financiada con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER que se desenvolve no Grupo de Desenvolvemento Rural número 20, nos concellos de Forcarei, Cuntis e A Estrada. Máis info e inscricións: Ramsés Pérez 616 238 050 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Podes descarregar o cartaz eiquí.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A autoestrada Barreiros-San Cibrao destruirá un castro inventariado en Cervo se a Xunta non actúa PDF Imprimir Correo-e
Envia A autoestrada Barreiros-San Cibrao  destruirá un castro inventariado en Cervo se a Xunta non actúa a FaceBookEnvia A autoestrada Barreiros-San Cibrao  destruirá un castro inventariado en Cervo se a Xunta non actúa a Twitter
Senra - A CovaA Mariña, 9 maio de 2013. ADEGA e MariñaPatrimonio demandan á Xunta de Galicia que non autorice o paso da autoestrada A-82 por riba do xacemento, posiblemente castrexo, denominado Cova da Senra e situado en Cervo. O xacemento está inventariado desde novembro do ano pasado; aínda así, segue correndo o risco de desaparecer, xa que a Xunta non determinou ningún cambio no trazado da infraestrutura prevista que preserve este monumento arqueolóxico.
Aquí podes ver o xacemento en  IMAXES.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 114


ADEGA