Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda a FaceBookEnvia ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda a Twitter
asemblea_ordes.jpgOrdes, 13 de novembro de 2008. ADEGA ven de celebrar onte unha asemblea dos socios/as da Delegación de Ordes-Cerceda na que se escolleu unha nova Xunta Directiva. A delegación de ADEGA na comarca de Ordes-Cerceda constiuiuse hai xa 8 anos e agora vese reforzada coa incorporación de novos as socios/as, nomeadamente de Ordes. Os concellos que formarán parte da nova delegación ampliada son: Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Trazo, e Tordoia. Dende ADEGA-nacional animamos a toda a veciñanza da comarca a participar nas actividades da delegación e tentar solucionar os seus graves problemas ambientais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Éxito da participación galega na iniciativa "Montañas en Rede 2010" PDF Imprimir Correo-e
Envia Éxito da participación galega na iniciativa "Montañas en Rede 2010" a FaceBookEnvia Éxito da participación galega na iniciativa "Montañas en Rede 2010" a Twitter
2 de xullo de 2010. De novo este 2010, a iniciativa estatal "Montañas en Rede" para reclamar a protección das montañas, acadou coma sempre, unha ampla participación galega (32 ascensións). Como novidade, este ano convocouse un concurso fotográfico entre os/as participantes. Tratábase de premiar ás fotos que reflectiran o espírito da campaña, que desta volta tiña por lema "AS MONTAÑAS SI IMPORTAN". A fotografía gañadora "tres xeracións e un desexo común" corresponde ao noso compañeiro Xan Vilaboa, de ADEGA-Vigo. Os compañeiros/as de ADEGA-Coruña (contra a desfeita ambiental da ampliación de Alvedro); de ADEGA-Compostela e do Barbanza foron tamén premiados/as. Noraboa a todos e todas!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo a FaceBookEnvia ADEGA participou nas xornadas de impulso ao Tren do Pobo a Twitter
tren_redondela2Redondela, 8 de novembro de 2010. ADEGA participou nas XI Xornadas Estatais en Defensa do Ferrocarril Público e Social, celebradas esta edición na vila de Redondela entre o 5 e 7 de novembro, xunto con outros colectivos integrados na Plataforma Salva O Tren e a Plataforma Estatal pola Defensa do Ferrocarril. No decurso destas xornadas ficou patente a preocupación existente en todo o estado polo desmantelamento sistemático das liñas de ferrocarril tradicionais en beneficio do AVE. Trátase dun medio de transporte que, se ben emite menos gases de efecto invernadoiro, resulta un medio caro e esixe infraestruturas de grande impacto ambiental, polo que o aforro en polución non é tan claro. O AVE non debe ser incompatíbel co tren clásico, o cal presta servizo a inúmeros núcleos de poboación de Galiza. Podes baixar o relatorio de ADEGA nestas xornadas premendo nesta Ligazón.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental a FaceBookEnvia Formigón para o AVE, ou como eludir a lexislación ambiental a Twitter

2 de xullo de 2010. A construción do AVE precisa inxentes cantidades de formigón. Supostamente as empresas locais non poden respostar á demanda e recórrese a construir novas fatorías. Para o treito Dodro-Padrón proponse a construción dunha fábrica de formigón no polígono de Pazos, a 150 m do Sar (LIC Ulla-Deza) e a menos de 200 m do núcleo de Pazos. Malia a ser unha actividade potencialmente contaminante polo alto nível de ruido, a emisión de pó e as verteduras, e a situarse a carón das casas e da Rede Natura, a fatoría non vai precisar de avaliación ambiental. A súa actividade pretende ser "temporal", exactamente 23 meses. Deste xeito elúdese a obrigatoriedade da avaliación que fixa o Decreto 133/2008 (que substituiu ao RAMINP), necesaria se a fatoría vai ter unha actividade superior aos dous anos (24 meses).

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
II Mercado Ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas PDF Imprimir Correo-e
Envia II Mercado Ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas a FaceBookEnvia II Mercado Ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas a Twitter
mercadoquilmas1Este 13 de agosto, lúa chea. A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa propón realizar 7 mercados ecolóxicos todos os anos. A referenza do 7 é pola importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións. Antigamente mirábase para o ceo e determinábanse as épocas de traballo no campo polas constelacións que aparecían no firmamento. Hai dúas que fixan o comezo da primavera e con isto, das segas, das colleitas, e das navegacións polo mar. Orión e Tauro coas Pléiades na punta (grupo de 7 estrelas, as 7 cabuxiñas) visibles dende abril a outubro, durante 7 meses. Escolleron pois este periodo de fertilidade e de viaxe para realizaren tamén os mercados en Quilmas. Así que as datas do mercados non teñen perda, basta con ollar o ceo e seguir o ritmo das estrelas e da lúa chea... A vindeira, este 13 de agosto.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 114


ADEGA