Campaña de medición do radón nos fogares galegos |
INFORMACIÓN PARA PEDIR E INSTALAR UN DETECTOR QUE MIDA O GAS RADÓN DA TÚA VIVENDA
Dado o éxito que está a ter a campaña de reparto de detectores de gas radón en Galiza impulsada pola USC, na que colabora ADEGA, a continuación sinalamos algunha información que pode resultarvos útil se estades interesados/as en adquirir gratuitamente un medidor. Tede en conta que as localizacións as decide a USC, coordenadora do proxecto, e que xa hai cuadrículas con detectores instalados, polo que é posíbel que a vosa zona esté cuberta.
1. Os medidores de gas radon só se ceden gratuitamente para vivendas situadas en baixos, entrecháns ou primeiros andares. E ademais teñen que ser vivendas nas que se pernocte diariamente.
2. O medidor deberá permanecer colocado durante 6 meses nunha mesiña de noite dun mesmo dormitorio. Non se pode mudar de lugar.
3. Ao cabo dos seis meses, o participante deberá enviar por sobre prefranqueado (de balde) o detector ao laboratorio de Radón, xunto coa Ficha RADÓN (0,3 MB) correctamente cuberta (vai apegada).
4. O/A participante deberá comprometerse a seguir estritamente as Instrucións do DETECTOR (47 KB) para a correcta colocoación e uso do aparello, e cumprir co axeitado tempo de exposición.
5. Por último, para poder participar na campaña é preferible solicitar o medidor de gas radón antes da segunda semana de abril. Poderase facer a través dos seguintes emails:
En todos os casos, prégase indicar no mail: os seguintes datos: nome, localización da vivenda (piso, rúa, lugar, poboación, parroquia, vila, cidade...) e o motivo polo cal solicita o medidor.
ADEGA e a USC agradecemos a vosa colaboración.
|