Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
ADEGA-Lugo lévanos de roteiro polo Camín d'as Eiras en Taramundi PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA-Lugo lévanos de roteiro polo Camín d'as Eiras en Taramundi a FaceBookEnvia ADEGA-Lugo lévanos de roteiro polo Camín d'as Eiras en Taramundi a Twitter

TAramundiEste domingo 27 de febreiro, ADEGA Lugo convócanos a participar nun novo roteiro na honra da lingua galega, como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. Pero desta volta, recoñeceremos a nosa lingua fóra do territorio galego, en terras asturianas do Eo-Navia, en concreto, no concello de Taramundi.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plan sectorial de Barreiros: a Xunta quere branquear as ilegalidades do concello con cartos públicos PDF Imprimir Correo-e
Envia Plan sectorial de Barreiros: a Xunta quere branquear as ilegalidades do concello con cartos públicos a FaceBookEnvia Plan sectorial de Barreiros: a Xunta quere branquear as ilegalidades do concello con cartos públicos a Twitter

Lugo, 14 de febreiro de 2011. ADEGA vén de apresentar ALEGACIÓNS (266 Kb) ao chamado “Plan sectorial para a mellora do saneamento, abastecemento de auga e redes viarias dos concellos de Barreiros”, no que solicita á Xunta o rexeitamento absoluto deste planeamento e a continuación dos expedientes de infracción urbanística abertos na lexislatura anterior (coa apertura de novos cando haxa lugar) con vistas á reposición da legalidade urbanística e á depuración das responsabilidades, e que dé traslado de tais infraccións á Xustiza  por se fosen constitutivas de delicto. Porén, a Xunta non só pretende mediante un Plano Sectorial legalizar os chanchullos de Barreiros, senón que vai utilizar cartos públicos (máis de 14 millóns de €) para, en plena crise, violar a Lei do Solo e blanquear as -presuntas- infraccións urbanísticas de alcaldes e promotores amigos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA reclama o mantemento dos treitos sen morte no Alto MIño PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA reclama o mantemento dos treitos sen morte no Alto MIño a FaceBookEnvia ADEGA reclama o mantemento dos treitos sen morte no Alto MIño a Twitter
25 de xaneiro de 2011. Conservación da Natureza (Medio Rural) através do servizo de caza e pesca pretende eliminar un dos escasos treitos de pesca libre sen morte de Galiza. Trátase dun treito de río de 6km no Alto Miño, nos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, dentro da Reserva da Biosfera "Terras de Miño" e pertencente ao LIC Parga-Ladra-Támoga (Rede Natura 2000). Este feito, supón un paso atrás no fomento da pesca sustentábel por parte da administración galega, que teima en satisfacer os intereses dos sectores máis cavernícolas do lobby da escopeta e do anzol. ADEGA apoia as reivindicacións de AEMS-Ríos con Vida a prol de iniciativas que fomenten a pesca sustentábel. Esta modalidade diminúe o impacto do furtivismo e as redes ilegais de comercialización, contribúe ao mantemento das poboacións autóctonas de peixes e milora o grao de responsabilidade ambiental dos pescadores.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Roteiro da auga e da palabra pola Terra Chá PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro da auga e da palabra pola Terra Chá a FaceBookEnvia Roteiro da auga e da palabra pola Terra Chá a Twitter
ruta_augaLugo, a 19 de xaneiro de 2011. O vindeiro domingo 23 de xaneiro, ADEGA Lugo lévanos a unha das terras máis prolíficas de Galiza en poetas e escritores, homes e mulleres de palabra: A Chaira. O roteiro, inserido dentro do programa de rutas pola lingua de ADEGA deste curso 2010-2011, contará coa presenza e colaboración de Marica Campo, quen nos guiará pola ruta da auga de Guitiriz. Podes descargar o mapa do roteiro nesta LIGAZÓN.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA define como surrealista o pleno no que se aprobou o PXOM de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA define como surrealista o pleno no que se aprobou o PXOM de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA define como surrealista o pleno no que se aprobou o PXOM de Lugo a Twitter
costas_parqueLugo, a 30 de setembro de 2010. ADEGA estivo presente nun pleno surrealista no que finalmente aprobouse o Plano Xeral de Ordenación Urbana de Lugo, pero no que non se entrou a valorar as cuestións fundamentais do documento sobre o futuro desenvolvemento e ordenación urbanística, nin moito menos a súa xustificación ambiental. O PXOM de Lugo aprobouse cos votos a favor de PP e PSOE e o voto en contra do BNG.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 20 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA