Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero a FaceBookEnvia Roteiro polas Ribeiras do Miño e do Mera, na honra de Carvalho Calero a Twitter
Rio_meraLugo, a 13 de decembro de 2010.- O próximo Roteiro pola Lingua de ADEGA-Lugo terá lugar o domingo, 19 de decembro, na cidade de Lugo e estará dedicado ao profesor Ricardo Carvalho Calero, destacado intelectual galego, tanto no campo da creación literaria como no ensino, que fundou os principio da Institución Libre de Ensino, que implicaba unha educación participativa e en contacto coa Natureza. Podes descargar o plano do roteiro na seguinte Ligazón.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro polo Val de Lóuzara: as verbas e a música das augas caídas PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro polo Val de Lóuzara: as verbas e a música das augas caídas a FaceBookEnvia Roteiro polo Val de Lóuzara: as verbas e a música das augas caídas a Twitter
fiz_vergara_copia O vindeiro domingo 28 de novembro ADEGA Lugo pretende lembrar a obra literaria do poeta Fiz Vergara Vilariño e a súa persoa cun roteiro polo Val de Lóuzara (Samos), ao que o poeta alude reiteradamente na súa obra e no que se concentra unha grande riqueza ambiental e sociocultural, como veremos. Nesta andaina acompañaranos a Asociación Cultural Ergueitos, que está a realizar un interesante e importante labor a prol da figura de Fiz Vergara.  Este roteiro enmárcase dentro do ciclo de roteiros de ADEGA dedicado á lingua galega. Podes descargar o plano da ruta nesta LIGAZÓN.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A CH Miño-Sil e a Xunta indiferentes ante a proliferación do cangrexo americano na Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Envia A CH Miño-Sil e a Xunta indiferentes ante a proliferación do cangrexo americano na Rede Natura a FaceBookEnvia A CH Miño-Sil e a Xunta indiferentes ante a proliferación do cangrexo americano na Rede Natura a Twitter
cangrexo_vermelloLugo, 8 de novembro de 2010. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Xunta aínda non tomaron medidas para frear a expansión dunha especie invasora, o cangrexo vermello americano, na Lagoa de Riocaldo (Begonte), apesar de recibir xa hai dous meses a denuncia de ADEGA e o apoio a esta denuncia do INLUDES (Instituto Lucense de Desenvolvemento). A proliferación desta especie, que afecta a un Lugar de Interese Comunitario, zona de Rede Natura e Reserva da Biosfera, agravouse desde que a empresa ERIMSA abriu unha canle de evacuación de auga fóra da lagoa para a extracción de áridos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA a FaceBookEnvia O Concello de Vilalba tala unha árbore centenaria pese as reclamas de ADEGA a Twitter
castieiro_indias_reduc_copia

Lugo, a 05 de novembro de 2010.- Cando se trata de xestionar un espazo ornamental público, a historia e singularidade do espazo, a historia e singularidade dos seus exemplares, -e nunca o valor forestal destes-, son os primeiros criterios que un responsábel municipal debera tomar en consideración para potencialos, promovelos e poñelos en valor. É por isto, que ADEGA ten que manifestar hoxe  o seu malestar pola determinación do Concello de Vilalba de talar unha das árbores centenarias da Alameda desta localidade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel PDF Imprimir Correo-e
Envia O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel a FaceBookEnvia O primeiro roteiro de ADEGA Lugo vai ser á Serra do Courel a Twitter

foto_CourelLugo, a 29 de outubro de 2010.- O primeiro roteiro deste curso 2010-2011 dedicado á Lingua galega non podía ir a outro lugar máis que aquel onde naceu o grande poeta, este ano conmemorado no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra. O 7 de novembro iremos ata a Serra do Courel. A camiñada rematará na Festa da Castaña de Folgoso. Descarga o CARTAZ .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 Seguinte > Final >>

Páxina 21 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA