Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
Asemblea Ordinaria de ADEGA-Lugo este venres 28 de outubro PDF Imprimir Correo-e
Envia Asemblea Ordinaria de ADEGA-Lugo este venres 28 de outubro a FaceBookEnvia Asemblea Ordinaria de ADEGA-Lugo este venres 28 de outubro a Twitter

foto_publicoLugo, 27 de outubro de 2011.- ADEGA Lugo convoca ás súas socias e socios á vindeira Asemblea  Ordinaria da delegación que terá lugar mañá venres, día  28 de outubro no salón de Actos do Edificio de Sindicatos, Ronda da Muralla 58, a partir das 18:00 horas. A continuación terá lugar na mesma estancia a primeira das mesas redondas sobre o ciclo de charlas "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros" que organiza ADEGA conxuntamente co Colexio de Arquitectos de Lugo, ás 20 horas. Finalmente, haberá unha cea de fraternidade entre os socios e socias da delegación de ADEGA en Lugo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O Val das Mouras do Courel inaugura este domingo os roteiros de ADEGA Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia O Val das Mouras do Courel inaugura este domingo os roteiros de ADEGA Lugo a FaceBookEnvia O Val das Mouras do Courel inaugura este domingo os roteiros de ADEGA Lugo a Twitter

val_mouraLugo, 25 de outubro de 2011.- Como vén sendo habitual, a Serra do Courel inicia o programa de roteiros de ADEGA-Lugo, que este ano está dedicado á "Galiza máxica. Un país de lendas". Nesta andaina, na que contaremos coa colaboración de SOS Courel, coñeceremos o espectacular conxunto xeomorfolóxico do Val das Mouras, un labirinto cárstico xerado ao longo do tempo mediante procesos  de alteración natural da rocha caliza; e, desde a perspectiva mítica, un lugar máxico de castelos de penedos e hábitat de castiñeiros centenarios que foi, segundo a lenda, un asentamento de mouras. O autobús sairá este domingo, 30 de outubro, ás 9 horas (tras o cambio de hora), desde a Escola de Maxisterio de Lugo. Para apuntarse é imprescindible chamar antes ao 982240299 ou 679113718. Descarga o CARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os roteiros de ADEGA-Lugo 2011-2012 discorrerán polos lugares máxicos do país PDF Imprimir Correo-e
Envia Os roteiros de ADEGA-Lugo 2011-2012 discorrerán polos lugares máxicos do país a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA-Lugo 2011-2012 discorrerán polos lugares máxicos do país a Twitter

rolda_roteiros_2011Lugo, a 24 de outubro de 2011. ADEGA-Lugo presentou hoxe en rolda de prensa o seu Programa de Roteiros anual 2011-2012, baixo o título ROTEIROS POLA GALIZA MÁXICA. UN PAÍS DE LENDAS. Este ciclo de roteiros pretende divulgar e poñer en valor o carácter místico ou fantástico dos lugares ou elementos que adquiriron un significado diferente e único ao longo dos tempos, segundo lles foi determinado polas crenzas e costumes dos nosos devanceiros, nun intento de comprender a contorna ou o mundo circundante. Pero estes elementos están a desaparecer diariamente, entre outros motivos, por mor da intervención humana sobre o territorio, ao cal están ligados. Por iso ADEGA-Lugo quere chamar a atención sobre este patrimonio inmaterial e tradición oral que debemos conservar e poñer en valor fronte a desmemoria e a destrución territorial. Descarga aquí o PROGRAMA ROTEIROS 2011-2012.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA recolle 1.200 kg de lixo na cabeceira do río Rato de Lugo a Twitter

limpeza_rios1Lugo, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Lugo na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos centrouse, como ven facendo nos últimos anos, na cabeceira do río Rato, entre os polígonos industriais do Ceao e As Gándaras. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 1.200 kg. de lixo nos que predominaron refugallos industriais, de obras, plásticos e automobilísticos. ADEGA Lugo pide á Xunta, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ao Concello de Lugo que descarten as urbanizacións nas zonas de cabeceira dos ríos, que taponan as súas fontes de auga naturais, e que presten especial atención a aquelas que se atopan en zonas industriais, como é no caso do río Rato. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio PDF Imprimir Correo-e
Envia Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio a FaceBookEnvia Entrega dos premios de fotografía e relatos polo Territorio a Twitter

premios_foto_grupo_Lugo, 22 de setembro de 2011. Hoxe ADEGA fixo entrega  dos premios aos mellores relatos curtos do concurso “O lugar onde vivo” e ás mellores fotografías do concurso “Fotografías polo Territorio” convocados a pasada primavera dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”. Teolinda Lorenzo e Luis Suárez López foron os gañadores do concurso de fotografía nas categorías xuvenil e adulta, respectivamente. En canto ao concurso de relatos, resultaron galardoados Sara Azidane, na categoría xuvenil, e María Brañas, na adulta. O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o Secretario Xeral de ADEGA, Froilán Pallín foron os encargados de entregar os premios.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA