Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
Crónica: A Serra do Galiñeiro no Sul da Galiza. Uma fortaleça a defender PDF Imprimir Correo-e
Envia Crónica: A Serra do Galiñeiro no Sul da Galiza. Uma fortaleça a defender a FaceBookEnvia Crónica: A Serra do Galiñeiro no Sul da Galiza. Uma fortaleça a defender a Twitter

 

cumio galinheiroCrónica de Adela Figueroa Panisse. O domingo 17 de junho, os de ADEGA- Lugo fomos passear polos cumes da Serra do Galinheiro. No sul da Galiza atual, esta serra forma uma grande Atalaia sobre a costa atlântica. Aos seus pés localiza-se a maior densidade de povoação da Galiza,( Vigo, Gondomar, Baiona,) e as praias que se abrem à imensidade do mar que nos levou até as Américas e onde se deu a primeira nova dos “descobrimentos” de Cristovão Colom.Nesta montanha encontram-se imensas riquezas deixadas lá como pegadas dos primeiros habitantes da Galiza para os seus herdeiros/as que somos quem agora cá moramos. Estas riquezas vão desde os campos de mamoas, dos petróglifos de Água da Laxe, até as inúmeras lendas que se associam com estas magníficas montanhas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro PDF Imprimir Correo-e
Envia Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro a FaceBookEnvia Os roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 rematan este domingo na Serra do Galiñeiro a Twitter

serra galinheiroLugo, 12 de xuño de 2012.- O vindeiro domingo, 17 de xuño, remataremos a campaña de roteiros de ADEGA Lugo 2011-2012 percorrendo a Serra do Galiñeiro. Trátase dun lugar cheo de lendas e tamén cun rico patrimonio noutros aspectos: arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico, etc. Estes valores abondarían para que a Serra fora incorporada ao Parque Natural do Monte Aloia. Pola contra, son moitas as agresións que poñen en perigo a súa riqueza: canteiras, vertedoiros, pistas, proxecto de instalación dun parque eólico, etc. Subiremos á Serra desde o lugar de Vincios (Gondomar) e realizaremos un percorrido circular de 10 km e de dificultade media acompañados pola Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro. Descárrega o pdfCARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta pretende limpar cun herbicida tóxico a Muralla de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta pretende limpar cun herbicida tóxico a Muralla de Lugo a FaceBookEnvia A Xunta pretende limpar cun herbicida tóxico a Muralla de Lugo a Twitter

apus1Lugo, a 12 de xuño de 2012.- O Movemento cidadán en defensa das aves da Muralla de Lugo, do que fai parte ADEGA, insta á Xunta a descartar a aplicación de herbicidas en xullo para a limpeza deste monumento, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2000. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ten previsto realizar estas tarefas de limpeza utilizando glifosato, un herbicida non selectivo e tóxico que poría en perigo a saúde das aves e doutros animais que aniñan e habitan na Muralla, admeais de ter efectos adversos na propia saúde humana.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Veciños de Triacastela e ADEGA reclaman a paralización da ocupación do monte comunal por Cosmos PDF Imprimir Correo-e
Envia Veciños de Triacastela e ADEGA reclaman a paralización da ocupación do monte comunal por Cosmos a FaceBookEnvia Veciños de Triacastela e ADEGA reclaman a paralización da ocupación do monte comunal por Cosmos a Twitter

RP monte comunalLugo, 29 de maio de 2012. ADEGA, a Asociación sociocultural O Iribio e a Asociación veciñal Monte Caldeirón reclaman ao concello de Triacastela que defenda o dereito dos veciños e veciñas sobre o monte comunal de Vilar, coñecido como A Pedra, fronte as pretensións de ocupación da empresa Cementos Cosmos. A empresa, amparada nun decreto franquista de 1971, xa iniciou os traballos de apertura de pistas e deforestación deste monte para estender a actividade mineira a ceo aberto da canteira de calcaria que posúe no concello de Triacastela.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA impartiu unha charla na Asociación de Persoas Xordas de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA impartiu unha charla na Asociación de Persoas Xordas de Lugo a FaceBookEnvia ADEGA impartiu unha charla na Asociación de Persoas Xordas de Lugo a Twitter

charla_xordosEn Lugo, a 11 de maio de 2012.- A Asociación de Persoas Xordas de Lugo convidou a ADEGA a impartir unha charla sobre medio natural o  11 de maio. Nunha animada palestra, representantes de ADEGA mostraron diversas actividades que a organización ten feito ao longo dos últimos anos desde o ámbito reivindicativo e de educación e concienciación medioambiental.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA