Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
A Cova da Serpe será o lugar máxico que visite ADEGA-Lugo este domingo PDF Imprimir Correo-e
Envia A Cova da Serpe será o lugar máxico que visite ADEGA-Lugo este domingo a FaceBookEnvia A Cova da Serpe será o lugar máxico que visite ADEGA-Lugo este domingo a Twitter
cova_serpe

Lugo, 14 de decembro de 2011. Este domingo 18 de decembro, ADEGA Lugo convídate de novo a visitar os lugares máxicos de Galiza a través do seu programa de roteiros que, desta volta, nos leva a Friol. Alí achegarémonos á misticidade e ás lendas que rodean a Cova da Serpe, a cal, recentemente, sufriu o impacto da instalación dun parque eólico que ADEGA denunciou, evitando que a propia cova fose destruída.Trátase dun claro exemplo no que p afán pola ocupación territorial obvia o seu interese e destaque patrimonial e cultural. O bus partirá de Lugo (Avenida de Ramón Ferreiro) ás 9 horas da mañá. Para máis información preme no CARTAZ .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro de ADEGA-Lugo ás encantadas Penas de Rodas, en Outeiro de Rei PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro de ADEGA-Lugo ás encantadas Penas de Rodas, en Outeiro de Rei a FaceBookEnvia Roteiro de ADEGA-Lugo ás encantadas Penas de Rodas, en Outeiro de Rei a Twitter

penas_rodasEste domingo 27 de novembro, ADEGA Lugo convoca o segundo roteiro deste ano pola Galiza Máxica. Desta volta, visitaremos un espazo natural protexido ás beiras do Río Miño, o LIC Parga-Ladra-Támoga, onde o bosque de ribeira mestúrase con carballeiras en engaiolantes ínsuas nun labirinto de auga, terra e vexetación. Pasaremos polas ínsuas do Piago, a área recreativa de Santa Isabel até chegar á milagreira “Fonte dos Cochizos”. despois, achegarémonos ao enigmático lugar de Penas de Rodas, onde unha trabe é de ouro e outra de alcatrán e remataremos na Ínsua de Seivane. Descarga aquí o PROGRAMA.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
As charlas sobre o urbanismo en Barreiros analisan este venres o Plano Sectorial dende o dereito PDF Imprimir Correo-e
Envia As charlas sobre o urbanismo en Barreiros analisan este venres o Plano Sectorial dende o dereito a FaceBookEnvia As charlas sobre o urbanismo en Barreiros analisan este venres o Plano Sectorial dende o dereito a Twitter

charla_urbanismo1Lugo, 3 de novembro de 2011. Este venres día 4, ás 20 horas, no salón de actos da Casa Sindical de Lugo (Ronda da Muralla, 58), continúan as charlas organizadas por ADEGA e o Colexio de Arquitectos (COAG) de Lugo sobre "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros", que o pasado venres tiveron grande aceptación. Desta volta, os profesores de dereito administrativo na USC, Alba Nogueira e Fernando de Abel, xunto co secretario do COAG en Lugo, Xosé Luis Sanmiguel,  analizarán as consecuencias a nivel xurídico e legal da aprobación por parte da Xunta de Galicia do Plan Sectorial de Barreiros, que pretende abastecer as novas vivendas de servizos mínimos básicos. Descarga o CARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos a FaceBookEnvia ADEGA Lugo renova Directiva e fai un balanzo moi positivo dos últimos dous anos a Twitter

asemblea1Lugo, 31 de outubro de 2011.- O pasado venres, 28 de outubro de 2011,  ADEGA Lugo celebrou a súa Asemblea Ordinaria no Salón de Actos do Edificio de Sindicatos de Lugo, na que anovou Directiva, aprobada por unanimidade. Montserrat Lombardía segue sendo a presidenta da delegación de Lugo, mentres que Adela Figueroa obstentará o cargo da Vicepresidencia e Lois Toirán, a Secretaría. No acto fíxose balanzo dos dous últimos anos de actividade, resumo das contas e presentouse o programa de roteiros 2011-2012. A xornada completouse coa charla organizada conxuntamente co Colexio de Arquitectos de Lugo: "Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA e o COAG de Lugo promoven o debate sobre o caso Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e o COAG de Lugo promoven o debate sobre o caso Barreiros a FaceBookEnvia ADEGA e o COAG de Lugo promoven o debate sobre o caso Barreiros a Twitter

barreiros_obraLugo, 27 de outubro do 2011. ADEGA  e o Colexio de Arquitectos de Lugo (COAG) organizan conxuntamente un ciclo de conferencias e mesas redondas, que comezará mañá venres, día 28 de outubro, e no que se vai a abordar a problemática da xestión do territorio en relación co urbanismo, baixo o título: " Territorio e Urbanismo. O caso Barreiros". Tal e como fai referencia a denominación do ciclo, poñerase unha especial atención a toda a problemática urbanística, social, ambiental e xurídica creada arredor  do caso de Barreiros, e pola que ADEGA xa presentou varios recursos nos tribunais e denuncias diante da Fiscalía. Descarrega o CARTAZ .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA