Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
A nova Lei de Montes non vai impedir as talas a feito nin os cambios de uso das fragas PDF Imprimir Correo-e
Envia A nova Lei de Montes non vai impedir as talas a feito nin os cambios de uso das fragas a FaceBookEnvia A nova Lei de Montes non vai impedir as talas a feito nin os cambios de uso das fragas a Twitter

Lugo, 9 de  febreiro de 2012. Parte da gran degradación paisaxística, biolóxica e cultural que estamos a sufrir no país é debida ás permisivas normativas forestais que ao longo dos anos favoreceron a destrución total ou parcial de grandes e pequenas superficies de carballeiras e outras masas forestais autóctonas, que logo mudaron de uso e foron transformadas en plantacións de piñeiros ou eucaliptos. ADEGA demándalle á Xunta que a nova Lei de Montes limite as cortas a feito das fragas, que non permita a súa restitución por especies de crecemento rápido e que faga cumprir a lexislación xa existente neste senso. O contrario suporía perpetuar o "franquismo forestal" en forma de máis monocultivos en detrimento da floresta autóctona e da diversidade natural e paisaxística galega.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia un novo depósito ilegal de residuos na cabeceira do Rato PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia un novo depósito ilegal de residuos na cabeceira do Rato a FaceBookEnvia ADEGA denuncia un novo depósito ilegal de residuos na cabeceira do Rato a Twitter

vertido_RatoLugo, a 30 de xaneiro de 2012.- Un novo caso de vertido volve a provocar a enérxica protesta de ADEGA pola constante acumulación de lixo preto da cabeceira do río Rato. Agora trátase dun depósito ilegal de refugallos a 10 metros do curso alto do efluente, onde se poden atopar entullos de obra, sofás, restos de chapa, bidóns de 25 litros de aceite de automóbil, sprays, etc. A maior parte dos residuos son potenciais contaminantes e perigosos podendo afectar gravemente ao río e, á súa vez, á fauna e flora que nel habita, en especial, anfibios, réptiles e a peixes, entre eles o coñecido vulgarmente como “peixe espiñento”, cuxas poboacións xa teñen sufrido abondo polo arrastre de terras das obras do novo parque empresarial das Gándaras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato PDF Imprimir Correo-e
Envia A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato a FaceBookEnvia A CHMS sanciona a unha construtora por recheos no río Rato a Twitter
recheo_RatoLugo, 27 de xaneiro de 2012.-Tras a denuncia de ADEGA, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil incoa expediente sancionador á empresa Obras e Construciones CORTIZO S.L por “desbroce, retirada de maleza e recheo”, sen contar coa preceptiva autorización administrativa, nunha finca en zona de policía do río Rato situada no Polígono industrial do Ceao, en Lugo. ADEGA pide á Confederación e ao Concello de Lugo que tomen máis medidas de vixilancia nas proximidades dos ríos urbanos e, nomeadamente, nas zonas industriais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca PDF Imprimir Correo-e
Envia O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca a FaceBookEnvia O roteiro aos Ancares de ADEGA Lugo revivirá a lenda da cerva branca a Twitter

Este vindeiro domingo 29 de xaneiro, ADEGA Lugo convídate a participar nun roteiro máxico máis na provincia de Lugo. Desta volta, visitaremos Os Ancares co gallo de coñecer o territorio da alta montaña no que se desenvolve a lenda da cerva branca de Cervantes. O percurso será de 15 quilómetros e de dificultade media. O punto de encontro será ás 9 horas fronte á Faculdade de Maxisterio de Lugo (Av. Ramón Ferreiro). Para poder participar é imprescindible chamar ao 982240299 ou 679113718. Obtén máis información premendo  AQUÍ .

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA pide que se sinalice e se poña en valor a Cova da Serpe PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide que se sinalice e se poña en valor a Cova da Serpe a FaceBookEnvia ADEGA pide que se sinalice e se poña en valor a Cova da Serpe a Twitter

eolico_covaLugo, 19 de decembro de 2011.- Onte, domingo,  18 de decembro, ADEGA Lugo visitou a Cova da Serpe de Friol, dentro do seu programa anual de roteiros que este ano dedica á Galiza Máxica. Colaborou con ADEGA a Asociación Cova da Serpe, que traballa pola posta en valor da zona e nomeadamente deste ben patrimonial, tanto material como inmaterial. Os camiñantes puidemos comprobar en todo o traxecto a carencia absoluta de sinalización ao respecto da localización da Cova da Serpe, a pesar da súa importancia cultural, oral e literaria, e por tanto a despreocupación e desleixo que existe por parte da administración autonómica  e local competente na protección do lugar.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 14 de 26
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA