II Encontro Solar en Muros |
Compostela, 20 de xullo de 2010. O vindeiro venres 23 de xullo ADEGA en colaboración co concello de Muros organiza o II Encontro Solar. Esta actividade pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Segue este segundo encontro a tendencia de redución de enerxía que promoven os Fogares Verdes muradanos. O sol é o principal responsable da vida no planeta; regula o ciclo da auga e contribúe a súa depuración, orixina os ventos polas diferencias de presión, produce a fotosínte, etc., é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía; hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos, porén, o seu uso aínda está moi pouco extendido. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamentos preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático. Nesta segunda edición, ADEGA en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Muros, pretende divulgar as bondades desta fonte de enerxía limpa, gratuita e inesgotablel que leva xa enchufada uns cinco mil millóns de anos. As actividades comezarán o venres as 10.00h no Curro da praza cunha presentación por parte do concello e Adega. A seguir; obradoiro de construcción de forno solar, roteiro solar guiado pola cidade, cociña solar, chocolatada con sol… e durante toda a mañá exposición de trebellos solares e pintura infantil. Xuntamos cartaz coa programación: Para máis información: Maria Xosé Castro, Coordenadora do Programa Fogares Verdes e Vogal de Consumo de ADEGA Telf. 981 57 00 99; Móbil: 616238050 |