Adega
INICIO Últimas novas ADEGA pide o cese dos responsábeis de Conservación da Natureza polo escándalo das licenzas ilegais de caza
ADEGA pide o cese dos responsábeis de Conservación da Natureza polo escándalo das licenzas ilegais de caza PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA pide o cese dos responsábeis de Conservación da Natureza polo escándalo das licenzas ilegais de caza a FaceBookEnvia ADEGA pide o cese dos responsábeis de Conservación da Natureza polo escándalo das licenzas ilegais de caza a Twitter
fuckyou25 de abril de 2013. ADEGA considera gravísimos os feitos postos de manifesto pola investigación da Fiscalía Ambiental, coa masiva concesión de licenzas de caza ilegais no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña, caso que instrúe o xulgado nº 3 da Coruña. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei, sen que os "beneficiarios" realizaran o preceitivo exame do cazador, e pagando en compensación unha "mordida" aos conseguidores da administración. ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez, ao parecer titular tamén dunha destas licenzas, e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
 
Ao parecer estas prácticas non foron illadas ou ocasionais, senón que a concesión ilegal destas licenzas de caza levaría acontecendo no Servizo de Conservación da Natureza da Xunta en Coruña dende hai anos.
ADEGA vaise persoar no procedemento aberto pola Fiscalía para coñecer, entre outros estremos:
-Que persoas obtiveron fraudulentamente licenzas de caza e pesca no Servizo Provincial de Conservación, particularmente dende que D. Carlos G. Muñoz Martínez ostenta o cargo de Xefe de Servizo. ADEGA xa ten denunciado a responsabilidade deste funcionario e dos seus superiores na "xestión" da Lagoa da Frouxeira; nas instrucións ocultas para o "manexo" de hábitats e especies protexidas; no atentado ecolóxico pola "autopista" do Monte Louro; na aniquilación do lobo na Coruña...etc.

-Quenes son os políticos responsábeis de que permitir por acción ou omisión semellante comportamento corrupto. Era coñecedor o Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as correspondentes taxas?

-Cal é o montante do desfalco para as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas durante anos?

-Cais son as implicacións que tivo, ten e terá para a conservación da fauna protexida e da fauna cinexética o feito de que ducias de cazadores ilegais, que non pasaron o exame do cazador e, portanto, non teñen nin idea de como e que poden cazar?.

Dende ADEGA preguntámonos cantas batidas, agardas, ganchos etc. sobre a fauna salvaxe foron autorizadas e realizadas por cazadores "ilegais" e cal foi o seu impacto sobre as especies salvaxes. Aparte do risco que para a seguridade cidadá implica a tenza de armas por persoas non capacitadas legalmente, para ADEGA os responsábeis da desregulación total da caza en Galiza teñen nomes e apelidos e ostentan as máis elevadas responsabilidades no organigrama da administración ambiental galega.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA