Adega
INICIO
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
25.000 árbores talladas para chegar máis rápido ao cárcere PDF Imprimir Correo-e
Envia 25.000 árbores talladas para chegar máis rápido ao cárcere a FaceBookEnvia 25.000 árbores talladas para chegar máis rápido ao cárcere a Twitter
1 de xullo de 2010. Dende ADEGA vimos de denunciar que a Xunta de Galiza iniciou as obras de "millora e acondicionamento" do acceso ao cárcere da Lama, logo dun chafalleiro e irregular procedemento administrativo, sen información pública e carente do obrigatorio estudo de impacto ambiental. As máquinas da empresa Copasa iniciaron as obras de "acondicionamento" da estrada PO-255 arrasando ao seu paso árbores, nin máis nin menos que 25.000, moitas delas centenarias e formando parte de antigas carballeiras. Nestas carballeiras, coma a de Caritel, medra ademais unha rara especie de fento, o Dryopteris guanchica, catalogado como vulnerábel. Pois nada, agora todos ao cárcere!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
II Encontro Solar en Muros PDF Imprimir Correo-e
Envia II Encontro  Solar en Muros a FaceBookEnvia II Encontro  Solar en Muros a Twitter

PaisanosCompostela, 20 de xullo de 2010. O vindeiro venres 23 de xullo ADEGA en colaboración co concello de Muros organiza o II Encontro Solar. Esta actividade pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Segue este segundo encontro a tendencia de redución de enerxía que promoven os Fogares Verdes muradanos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa  e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA a FaceBookEnvia Conservación, residuos, EA, Preescolar na Casa  e Valedor, resolucións da 36 Asemblea de ADEGA a Twitter
DMMA11tnEsta pasada fin de semana, ADEGA celebrou a súa 36ª Asemblea Xeral Ordinaria. Ao longo desta xuntanza e baixo o lema "En marcha por unha Galiza sustentábel" fixemos un balanzo da situación ambiental do país e dos principais reptos para o 2012, deseñando as estratexias para facerlles fronte. A este respeito, a Asemblea acordou trasladar á sociedade galega as seguintes resolucións, relativas á Conservación da Natureza; á incineración dos residuos, á situación da Educación Ambiental no país e á actitude do Valedor do Pobo coa nosa lingua. Xa pola noite na cea de confraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Os hábitats máis valiosos, ao capricho das eólicas coa connivencia da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia Os hábitats máis valiosos, ao capricho das eólicas coa connivencia da Xunta a FaceBookEnvia Os hábitats máis valiosos, ao capricho das eólicas coa connivencia da Xunta a Twitter
A_Croa_II7 de abril de 2011. A deconstrución do noso patrimonio natural reactívase cos primeiros proxectos derivados do concurso eólico do PP. Nas últimas semanas, unha enxurrada de parques eólicos están a "coller sitio" sobre espazos de alto valor natural, antes de que Europa obrigue á Xunta a ampliar con urxencia a cativa Rede Natura galega. Tal é o caso dos tres proxectos na área d'O Pindo, e do recente parque eólico do Alto da Croa, en Vimianzo e Dumbría. Estas instalacións afectan a humidais inventariados, especies e hábitats prioritarios, para os que a UE obriga a establecer medidas de epecial conservación. Se a Xunta persiste en entregar o noso patrimonio natural máis valioso aos seus amigos en troques de protexelo, Europa podería retirar subvencións ou mesmo impoñer fortes multas, que pagariamos todos/as. Vaites coa boa xestión e a austeridade!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Avanza o proxecto de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez PDF Imprimir Correo-e
Envia Avanza o proxecto de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez a FaceBookEnvia Avanza o proxecto de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez a Twitter
SAR_57042 de maio de 2012. A segunda fase do “Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez” xa está en marcha. Este proxecto é unha inciativa de ADEGA e está financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER. A primeira fase estivo centrada na divulgación da custodia fluvial e na creación de grupos de voluntariado. Foron estes grupos, a maioría pertencentes á asociacións dos concellos do GDR20 (A Estrada,  Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga) os que durante o 2011 saíron aos seus ríos para coñecelos e realizar accións de voluntariado e defensa ambiental.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 114


ADEGA