Adega
INICIO

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

Boton Cerna69

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos PDF Imprimir Correo-e
Envia Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos a FaceBookEnvia Ampliación da Rede Natura: primeiro, canteiras e minas e despois xa veremos a Twitter
cloep.jpg25 de febreiro de 2010. Nas últimas semanas estamos asistindo a unha auténtica enxurrada de peticións para autorizar canteiras e explotacións mineiras en espazos de interese natural que, malia a estar fóra das zonas protexidas, afectan ás áreas de ampliación da Rede Natura 2000 propostas pola Xunta en 2008. A anterior administración, recollendo as demandas do ecoloxismo galego, presentou unha proposta que anque eivada, pretendía situar a Galiza (18%) máis perto da media do estado en superficie protexida (22%), abandonando o "furgón de cola" dos territorios con menos Rede Natura (actualmente o 12%). No Ano Internacional da Biodiversidade, as posibilidades de acadar unha Rede Natura digna para Galiza, que esté á altura da nosa riqueza natural, esváense poco a pouco con estes proxectos. O último, a canteira "Cloe" no Alto Tea, ao SW da Serra do Suido.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
"Rexeneración" de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema PDF Imprimir Correo-e
Envia "Rexeneración" de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema a FaceBookEnvia "Rexeneración" de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema a Twitter
18 de febreiro de 2010. Coa escusa de "rexenerar" o medio, un proxecto de Costas pretende deitar 300.000 Tm de area de canteira sobre as praias coruñesas de Riazor e Orzán, e outras 10.000 Tm en San Amaro. Detrás desta medida, que artificializará aínda máis o litoral da Coruña, ampliando o ancho das praias en 30 m para aumentar en 5.000 os ocupantes, están unicamente determinados intereses turísticos. Tanto ten que os recurrentes aportes de area desnaturalicen o ecosistema, sexan moi custosos (12 millóns de €), e non servan para remediar a degradación das nosas costas. Trátase de imitar o modelo Benidorm/Sanxenxo con praias clónicas nas que a única función é acoller ao maior número de persoas posíbel. Acode á concentración do sábado 20 de febreiro ás 12:30h en María Pita convocada polo colectivo "Defendendo as praias" e apoiada por organizacións cidadás e ecoloxistas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
II curso de formación sobre os tóxicos: a limpeza do fogar PDF Imprimir Correo-e
Envia II curso de formación sobre os tóxicos: a limpeza do fogar a FaceBookEnvia II curso de formación sobre os tóxicos: a limpeza do fogar a Twitter
limons.jpgCompostela, 9 de febreiro de 2010. Os armarios dos nosos fogares convírtense nun auténtico laboratorio e escaparate de produtos químicos para rematar fácil e drastricamente coa suciedade e as “malignas” bacterias das casas. Case a totalidade dos limpadores conteñen susbtancias tóxicas que poderian evitarse ou substituirse por outras elaboradas  na casa con produtos naturais ou menos perigosos. Tamén existen no mercado unha gama ecolóxica de limpadores, insecticidas, repelentes… que empregan substancias biodegradábeis e minimamente perxudiciais para a saúde das persoas e do ambiente. No curso de formación de febreiro adicaremos a tarde do xoves 11 a elaborar e recopilar receitas de limpadores ecolóxicos. Cartaz Formacion toxicos II.pdf II Curso formación tóxicos (186 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico PDF Imprimir Correo-e
Envia A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico a FaceBookEnvia A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico a Twitter
Lobo morto en DumbríaCompostela, 10 de novembro de 2009. O parque eólico do Alto da Croa, concello de Vimianzo, promovido por Gamesa Enerxía, S.A. coincide coa área de cría da única poboación estábel de lobo ibérico (Canis lupus signatus) en toda a franxa litoral do país. Dada a situación xeral do cánido, e como sinala o Plano de Xestión elaborado na etapa do bipartito, todas as actuacións que poidan causar un efecto negativo sobre a especie deberían contar cun estudo de impacto que analice as repercusións con rigor e meticulosidade, a fin de evitar danos irreversíbeis para a especie. No entanto, o EIA só fai unha vaga referenza ao lobo, sen achegar ningunha medida protectora ou correctora. Baixa as Alegacions EOLICOS VIMIANZO.pdf ALEGACIÓNS (133 KB) de ADEGA a este proxecto. Quen seremos nós sen o lobo?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes PDF Imprimir Correo-e
Envia Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes a FaceBookEnvia Máis desfeitas en ríos da Rede Natura: agora tócalle ao Mercurín, en Ordes a Twitter
mercurin1.jpg19 de xullo de 2009. Por se non abondara co Sil, chega outra desfeita nun río da Rede Natura. Desta volta é o río Mercurín ao seu paso por Ordes, incluído no LIC Río Tambre, no que se está levando a cabo a construcción dun “paseo fluvial” que inclúe o “acondicionamentro” das marxes con accesos, escolleiras, pontes e mesmo o desvío do caudal. Materiais de recheo e sedimentos remexidos con maquinaria pesada invaden a canle e tapan as brañas, deteriorando a calidade das augas e o contorno fluvial. Ao tempo estase "desbrozando" o bosque de ribeira e talando numerosos ameneiros para permitir o paso das máquinas. Que teima teñen algúns por urbanizar a natureza!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Envia Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela a FaceBookEnvia Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela a Twitter
expolobolugo.jpgInauguración 11 de febreiro ás 20h na sala de exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). Logo do seu paso por varias vilas e cidades galegas, este martes 11 volta a Compostela a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Ficha tecnica EXPOLOBO.pdf FICHA TÉCNICA (60 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural PDF Imprimir Correo-e
Envia Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural a FaceBookEnvia Unha canteira en Carnota, visíbel en quilómetros arredor, afectará ao patrimonio natural e cultural a Twitter
muros2tn.jpg3 de febreiro de 2010. A ampliación da canteira "Costa Grande 2" estenderá o impacto paisaxístico dende Muros-Noia á enseada de Carnota e ría de Corcubión, sendo visíbel mesmo dende Fisterra. Unha das paisaxes máis representativas do país, dominada polo macizo do Pindo, verase irremediabelmente estragada nun ano no que agarda un incremento de visitas á bisbarra polo Xacobeo. Todos os montes entre Muros e Carnota son un excepcional xacemento de petroglifos, a maioría sen catalogar. E a zona está incluida na proposta de ampliación da Rede Natura presentada en 2007 e pendente de aprobación. Sen catálogo de paisaxes protexidas, sen ampliación da Rede Natura e cun patrimonio arqueolóxico descoñecido pola administración, canteiras, parques eólicos e piscifatorías teñen "barra libre". Alegacions CANTEIRA MUROS.pdf Alegacións CANTEIRA (31 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Escasa sensibilidade de Patrimonio do Estado pola conservación das andoriñas PDF Imprimir Correo-e
Envia Escasa sensibilidade de Patrimonio do Estado pola conservación das andoriñas a FaceBookEnvia Escasa sensibilidade de Patrimonio do Estado pola conservación das andoriñas a Twitter
ando1.jpgRedondela, 15 de xuño de 2009. A falta de previsión do Dpto. de Xestión de Patrimonio do Estado coas obras de instalación dunha rede de protección no antigo viaduto do tren en Redondela, causou graves danos a unha colonia de mais de 80 niños de andoriñas de cu branco (Delichon urbica) e cirrios (Apus apus), unha das maiores da provincia. Ambas especies insectívoras están en regresión e están catalogadas como de interese especial no Catálogo Español de Especies Ameazadas. Hai uns días, e ante a insistencia dos compañeiros/as de ADEGA-Vigo, abríronse finalmente uns buratos na rede, como solución para que as andoriñas puideran alimentar ás súas crías. Pero moitos  niños estaban xa perdidos porque os pitos morreron de fame logo de días sen comer.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda a FaceBookEnvia ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda a Twitter
asemblea_ordes.jpgOrdes, 13 de novembro de 2008. ADEGA ven de celebrar onte unha asemblea dos socios/as da Delegación de Ordes-Cerceda na que se escolleu unha nova Xunta Directiva. A delegación de ADEGA na comarca de Ordes-Cerceda constiuiuse hai xa 8 anos e agora vese reforzada coa incorporación de novos as socios/as, nomeadamente de Ordes. Os concellos que formarán parte da nova delegación ampliada son: Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Trazo, e Tordoia. Dende ADEGA-nacional animamos a toda a veciñanza da comarca a participar nas actividades da delegación e tentar solucionar os seus graves problemas ambientais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 Seguinte > Final >>

Páxina 62 de 64

nonanosacosta

STOP glifosato nas estradas

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

A modificación da lei de Costas vai...
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA