Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela |
Inauguración 11 de febreiro ás 20h na sala de exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). Logo do seu paso por varias vilas e cidades galegas, este martes 11 volta a Compostela a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. FICHA TÉCNICA (60 KB)
- Paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galiza.
- Fotografías sobre a especie e o seu medio.
- Elementos relacionados coa bioloxía do lobo.
- Mostra bibliográfica.
- Documental sobre o lobo rodado en liberdade.
- Elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura.
Lugar e data: Sala de exposicións da Asociacións de Empresarios do Polígono do Tambre, en Compostela (Polígono do Tambre, Vía Edison nº 1). Apertura o xoves 11 de febreiro ás 20h. estará aberta até mediados de maio.
Horarios: de luns a venres de 9 a 14h e de 16 a 20h. Fin de semana pechado.
Máis información, Xosé L. Salvadores, coord. da mostra e vogal de biodiversidade de ADEGA. Tel.: 659 683384; 981 570099
Promoven:
Concellería de Cultura e Centros Culturais, concello de Santiago
Concellería de Medio Ambiente, concello de Santiago
|