Adega
INICIO Novas A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico
A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico PDF Imprimir Correo-e
Envia A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico a FaceBookEnvia A última poboación reprodutora de lobo na costa, ameazada por un parque eólico a Twitter
Lobo morto en DumbríaCompostela, 10 de novembro de 2009. O parque eólico do Alto da Croa, concello de Vimianzo, promovido por Gamesa Enerxía, S.A. coincide coa área de cría da única poboación estábel de lobo ibérico (Canis lupus signatus) en toda a franxa litoral do país. Dada a situación xeral do cánido, e como sinala o Plano de Xestión elaborado na etapa do bipartito, todas as actuacións que poidan causar un efecto negativo sobre a especie deberían contar cun estudo de impacto que analice as repercusións con rigor e meticulosidade, a fin de evitar danos irreversíbeis para a especie. No entanto, o EIA só fai unha vaga referenza ao lobo, sen achegar ningunha medida protectora ou correctora. Baixa as Alegacions EOLICOS VIMIANZO.pdf ALEGACIÓNS (133 KB) de ADEGA a este proxecto. Quen seremos nós sen o lobo?

Na actualidade hai iniciados estudos en Galiza sobre o comportamento do lobo con respecto á instalación e funcionamento dos parques eólicos. Neles apúntase a necesidade de medidas correctoras que cando menos deberían aplicarse aos novos proxectos.
Situación do lobo na costa: écoñecido que en toda a costa galega o lobo ven sufrindo unha regresión sistemática nos últimos anos dada a concentración de poboación, a ocupación urbanística, as infraestruturas recentes, a práctica pouco respectuosa co medio por parte de algúns gandeiros, etc. Como consecuencia da súa desaparición estase a perder a cultura do lobo; e nestes momentos a súa presenza xa crea alarma social, cando até hai poucos anos convivíase con el de forma natural. Isto leva a complicar moitísimo máis a súa necesaria recuperación. Os escasos grupos reprodutores que quedan na costa son fundamentais para que siga habendo conexión co resto de poboación do país de cara a garantir un mínimo de saúde xenética que faga posible a viabilidade da especie.
Importancia da zona: A zona en cuestión é especialmente importante xa que é o ultimo reduto que lle queda ao lobo, como poboación estable, en toda a franxa litoral. Hai que engadir que esta zona ten sufrido en tempos recentes diferentes agresións medio ambientais de gran transcendencia que suman sinerxías negativas en contra da especie. A instalación de parques eólicos ou a apertura de estradas, son exemplos significativos, o cal, unido a unha diminución da cabana gandeira extensiva, están levando a esta poboación do lobo a unha situación límite. As conclusións a que chegan estudosos da especie na zona, cun seguimento exhaustivo da dinámica da poboación de lobo existente, non fan máis que confirmar o deterioro que sufriu nos últimos anos.
Contidos doutros estudos de impacto ambiental:En anteriores estudos de impacto ambiental, e en concreto para a instalación de parques eólicos en zonas próximas, recoñecíase a presenza na zona dun clan familiar reprodutor de lobo e a importancia do mesmo, polo que se incorporaban medida protectoras e correctoras para aminorar os efectos negativos que puidera ter sobre a especie. No presente estudo de impacto ambiental só se fai unha vaga referenza a existencia do lobo sen aportar ningunha media protectora ou correctora. É por esta razón pola que consideramos invalidado dito estudo.
Dende ADEGA solicitamos, portanto, a paralización da autorización para a instalación dos aeroxeradores en tanto non se leve a cabo un novo estudo de impacto ambiental co rigor necesario. Este estudo debería considerar a situación da especie e os impactos que podan causar nela as novas instalacións, así como a incorporación das medidas protectoras e correctoras máis acaidas, mesmo o cambio de ubicación do devandito parque eólico.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

quilmasbanner2.gif



ADEGA