Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Primeira concentración-protesta por entrada de gaseiros na ría de Ferrol, tra-la sentenza do T. Sup PDF Imprimir Correo-e
Envia Primeira concentración-protesta por entrada  de gaseiros na ría de Ferrol, tra-la sentenza do T. Sup a FaceBookEnvia Primeira concentración-protesta por entrada  de gaseiros na ría de Ferrol, tra-la sentenza do T. Sup a Twitter

Protesta Entrada Ilegal Gaseiro.2012.Junio.2012Ferrol 22.6.2012. Praza do Himno Galego. Primeira  concentración de repulsa po-la entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á pranta de regasificación de Mugardos  tra-la sentenza do Tribunal Supremo en contra da construcción da Pranta de Gas. Membros do Comité Cidadán Emerxencias para a Ria de Ferrol, membros da Asemblea Cidadá (...ADEGA, e outros colectivos..) e cidadanía en xeral, participamos en unha nova concentración-protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á "ilegal" planta de regasificación de Reganosa. Actualmente as concentracións estanse a facer de modo itinerante en diversos puntos da comarca.

Informacion adicional: http://cociudem.wordpress.com/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra a FaceBookEnvia A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra a Twitter
dragadoferrol27 de xuño de 2012. Logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol, o Valedor do Pobo vén de achegar a ADEGA unha información chave que demostra até onde chega a chafallada administrativa neste asunto. O Valedor destapa un pdfinforme técnico do Servizo de Conservación da Natureza (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que considera o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos. Logo de comezadas as obras a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente. E finalmente, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
REGANOSA, ENCE e depósitos do Ferrazo: insubmisión legal, burla continua á xustiza e complicidade institucional PDF Imprimir Correo-e
Envia REGANOSA, ENCE e depósitos do Ferrazo: insubmisión legal, burla continua á xustiza e complicidade institucional a FaceBookEnvia REGANOSA, ENCE e depósitos do Ferrazo: insubmisión legal, burla continua á xustiza e complicidade institucional a Twitter

BOMBASRIAS11 de xuño de 2012. Hai uns días, o Tribunal Supremo declarou nula a modificación puntual do PXOM de Mugardos (ratificando outra anterior do TSXG) que permitíu a instalación de REGANOSA no corazón da ría de Ferrol por carecer da Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Tamén recentemente, este mesmo tribunal fallou contra a declaración de supramunicipalidade da fatoría de ENCE, na ría de Pontevedra, deslexitimando de paso a Autorización Ambiental Integrada concedida no seu momento pola Xunta. E como non hai dous sen tres, o mesmo TS ratificou hai xa 3 anos a ilegalidade dos depósitos de hidrocarburos do Ferrazo, que FINSA-FORESA instalou na ría de Arousa. Como é posíbel que tras reiterados fallos xudiciais estas instalacións perigosas, contaminantes e ilegais poidan seguir funcionando impunemente? E como é posíbel que a Xunta evite respectar estes fallos e preocúpese máis de facerlle o xogo aos contaminadores para que poidan seguir ameazando as nosas rías e a nosa saúde?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nova edición do Mercadiño do Troco. Ferrol. Xuño 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova edición do Mercadiño do Troco. Ferrol. Xuño 2012 a FaceBookEnvia Nova edición do Mercadiño do Troco. Ferrol. Xuño 2012 a Twitter

Mercadiño Troco.2012.10 2Ferrol 17.6.2012.  Nova edición do Mercadiño do Troco. Colaboramos diversos colectivos (ADEGA, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. http://trocaferrol.org. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable. Nesta ocasión, además de levar diverso material, entre outro de Adega, levouse material referente á Eurocopa 2012

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Palestra sobre Medioambiente coa participación de ADEGA. Betanzos, xuño 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Palestra sobre Medioambiente coa participación de ADEGA. Betanzos, xuño 2012 a FaceBookEnvia Palestra sobre Medioambiente coa participación de ADEGA. Betanzos, xuño 2012 a Twitter

Nes.Mesa Redonda Fragas Eume.2012Betanzos 8.6.2012. En relación có Dia Mundial do Medioambiente, organizada palestra , actuando , entre outros,como relator, Nés Lopes ,presidente de ADEGA-Ferrol, que falou sobre a problemática do lume nas Fragas do Eume.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA