No ano 2010 unha trintena de entidades sociais Ferrolterrás de moi diversa índole (asociacións de viciños, deportivas, culturais, ecoloxistas, partidos políticos, etc.) presentaron alegacións ao proxecto de construcción do tren ao Porto Exterior de Ferrol. (neste enlace póden cunsultarse as alegacións que presentou ADEGA-Ferrolterra de xeito particular).
|
Ler máis...
|
|
Fene 13.1.2013. As delegacións en Ferrolterra de ADEGA, Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural estivemos no Feirón de Perlío (Fene) para recoller sinaturas a prol da ILP en contra da incineración e a favor das 3 “R”. Máis información: http://adega.gal/info/090121joomla/axenda?task=icalrepeat.detail&;evid=676&year=2013&month=01&day=12&title=recolla-simultanea-de-sinaturas-contra-a-incineracion&uid=546fba698937d67c5838695af7eeb77f |
Ferrol 7.1.2013. As delegacións en Ferrolterra de ADEGA, Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural estivemos na Praza de Armas de Ferrol para recoller sinaturas a prol da ILP en contra da incineración e a favor das 3 “R”. Recolléronse máis de 200 sinaturas e próxima convocatoria en Fene o dia 13.1.2013. Algunha foto adicional: http://www.flickr.com/photos/antonio_ferrol_7592/sets/72157632472857238/with/8361983010/ |
Ferrol 5.1.2013. Limpeza no río da Sardiña , na eseada da Malata. Organizado por Acción Directa, acometeouse a limpeza doutro espazo público en estado de, o lugar elixido foi o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizouse unha limpeza por membros de Accion Directa e coa presenza de representación de Adega. En total rescatáronse uns 500 kg de residuos sólidos. É de destacar as irregularidades que se veñen cometendo neste espazo natural, ao lado deste encóntrase a FIMO, baixo responsabilidade do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol, e do propio Concello, este recinto dispón dun punto limpo a escasos 15 metros da canle do río, co conseguinte risco que entraña, pero o máis grave é o vertedoiro incontrolado que teñen no interior do recinto, e outro que utilizaban indiscriminadamente na mesma canle do río, moitos dos residuos atopados pertencen ás prácticas do carné de conducir, conos, fitas plásticas, etc. Información adicional : http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ https://picasaweb.google.com/103628424242467611486/LIMPEZARIOSARDINA |
Fene (Coruña) 18.decembro.2012. Presentadas alegacións ao proxecto de delimitación do Camiño de Santiago tramo Inglés. As delegaciións en Ferrol de ADEGA, Verdegaia e SGHN presentamos alegacións ao proxecto de modificación do Camiño Ingles no seu paso por Cabana e Fene po-lo seu impacto ecolóxico e por semellar ser un “atallo” para autorizar a 2ª fase do polígono industrial de Vilar de Colo en Fene.Alegacións completas: Alegacións.CamiñoInglés.2013.Xavi.doc |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 35 |