Adega
INICIO Delegacións Ferrolterra

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Trasancos
Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. PDF Imprimir Correo-e
Envia Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. a FaceBookEnvia Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. a Twitter

Paneis solares.2012Ferrol 29.8.2012. Adega na comarca de Ferrol, volve a insistir diante da Consellería de Sanidade, para que no proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del  Ferrol se usen enerxías renovables. Adega na comarca de Ferrol,volve a presentar solicitude ante o Servizo Galego de Saúde,  para que no actual proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del  Ferrol, que fundamentalmente se basea na renovación do sistema de caldeiras e aprovisionamento a gas, se implemente o uso de enerxías renovables (solar, xeotérmica,....) na instalación do novo equipamento en consonancia coas novas directrices estatáis e europeas respecto a aforro e eficiencia enerxética e coa protección do medioambiente.

En febrero 2012, dende ADEGA presentamos alegacións ao proxecto http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/707-propostas-de-adega-ao-proxecto-de-mellora-enerxetica-da-area-sanitaria-ferrol no sentido que se pode aproveitar esta oportunidade de renovar ou sistema enerxético dos hospitáis, para impulsar ou uso de enerxías renovables, sen ter resposta algunha ás nosas propostas.

Antes de que se leve a cabo a execución do proxecto , dende ADEGA, solicitamos que se de prioridade na concesión da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol aos proxectos que incorporen iniciativas de instalación e uso de enerxías renovables, o cal sería beneficioso tanto dende ou punto de vista económico como ambiental e de saúde

Suministración_enerxética_a_hospitáis_Area_Sanitaria_Ferrol._Aportacións_de_ADEGA.agosto.2012.pdf

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes a FaceBookEnvia ADEGA, Verdegaia e a SGHN cuestionan a calidade das augas que enchen a antiga mina das Pontes a Twitter

pHregobalsa23 de agosto de 2012. A inauguración do mal chamado “lago de As Pontes”, en realidade unha balsa mineira, amosa numerosas incertidumes e máis que posíbeis riscos para a saúde e o ambiente. Para ADEGA, Verdegaia e SGHN a recente autorización do baño nestas augas resulta sorprendente, por canto Augas de Galiza continúa sen propocionar datos sobre a súa calidade. Esta información, imprescindíbel para avaliar o estado da balsa e, consecuentemente, os posíbeis riscos ambientais e cidadás, foille solicitada até catro veces ao longo deste último ano á Consellería de Medio Ambiente e segue sen aparecer na súa web. Cais son as razóns desta ocultación deliberada?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Marcha reivindicativa Ferrol-Murgardos anti-planta de gas PDF Imprimir Correo-e
Envia Marcha reivindicativa Ferrol-Murgardos anti-planta de gas a FaceBookEnvia Marcha reivindicativa Ferrol-Murgardos anti-planta de gas a Twitter

Marncha antiplanta gas.2012HbtFerrol –Murgardos. 20.7.2012. VIª Marcha a pé a Mugardos .Como en anos previos, realizada a Marcha reivindicativa a Murgardos convocada po-lo Comité Cidadán Emerxencias e os colectivos da Asamblea Cidadá (entre os que está ADEGA) en protesta po-la planta de gas de Mugardos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Nova edición mercadiño do troco en Ferrol. Veran 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova edición mercadiño do troco en Ferrol. Veran 2012 a FaceBookEnvia Nova edición mercadiño do troco en Ferrol. Veran 2012 a Twitter

Mercadio Troco Ferrol.2010Ferrol 19.8.2012.  Celebrada nova edición do Mercadiño do Troco. Colaboramos diversos colectivos (ADEGA, Cooperativa Xoaninha , SGHN, Verdegaia, Unións Libertarias, Masa Critica etc.) e particulares. Nesta ocasión, además de levar diverso material, entre outro de Adega, levouse iniciativas relacionadas có ecoloxismo e coas olimpiadas. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poden trocar deixar ou levar obxetos sen uso de diñeiro, para promover un consumo máis sustentable.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Denuncia de rozas irregulares en Valdoviño en hábitats prioritarios e zonas con especies en perigo. PDF Imprimir Correo-e
Envia Denuncia de rozas irregulares en Valdoviño en hábitats prioritarios e zonas con especies en perigo. a FaceBookEnvia Denuncia de rozas irregulares en Valdoviño en hábitats prioritarios e zonas con especies en perigo. a Twitter

afrouxeiravaldovinhoValdoviño (Ferrolterra).10.8.2012. Adega denunciou a actuación da Xunta de Galicia e Costas do Estado na lagoa da Frouxeira, onde se levaron a cabo tarefas de roza sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. Estas prácticas non cumpren as recomendacións do Plan Director da Rede Natura 2000 e ademais, contribúen a degradar a nosa biodiversidade máis fráxil e favorecer introdución de especies exóticas e invasoras. Hai que ter en conta que esta paraxe conta con cinco figuras de protección ambiental: zona LIC, ZEPA, Braña de Importancia Internacional Ramsar, Braña Protexida e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Non estamos de acordó en base ao datos recollidos no servidor cartográfico de información ambiental da propia Xunta e no Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España,coa resposta da Consellería de Medio, que argumenta a inexistencia de hábitats de interese comunitario nas áreas rozadas nin de especies protexidas.ADEGA poñerá estes feitos de desbroce irregular en Valdoviño e noutras zona de Galicia, en coñecento dos organismos europeos e internacionais competentes (Comisión Eurpoea, Parlamento e Secretariado de RAMSAR)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 35

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA