Narón 7.10.2012. O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarando a nulidade do Plan de Sectorización da parcela anexa ao polígono Río do Pozo en Narón na que está instalada a cementeira de Castro. Tras moitos anos de loita de veciños da zona, asociacións, colectivos ecoloxistas (ver http://adega.gal/index.php?option=com_content&;task=view&id=120&Itemid=295), con alegacións por parte de diversos colectivos (entre outros por parte de Adega), ao final o TSXG danos a razón. |
|
Ferrolterra 7.10.2012. Dentro do programa Proxecto Ríos, entre os días 29 de setembro e 6 de outubro realizáronse as tarefas de limpeza nas ribeiras dos ríos Xuvia, Baa, Castro e Cádabo coa organización e participación de diferentes colectivos como Néboa, Club Chivieira, AETNA, Concellos de San Sadurniño e Fene, membros de ADEGA e cidadáns en xeral. |
Ferrol 2.10.2012. A Plataforma de defensa do río Baa, integrada polas sociedades: SGHN, ADEGA, Verdegaia, Plataforma da defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo DENUNCIAMOS públicamente a impunidade na que se están a producir graves agresións medioambientais no río Baa e o seu entorno:
-O río Baa desecado. Un desvío do caudal do río nos altos de Laraxe provoca que o cauce natural permaneza completamente seco nun tramo de máis dun quilómetro, ata que outros aportes o van recuperando paseniño.
-Alteración da capa freática. O deseño da autovía a Lavandeira rachou o perfil natural das brañas da cabeceira do río e provocou un desvío permanente dun importante caudal cara á bacía de Perlío.
-Vertedoiros incontrolados. En zonas próximas ao río, algunhas de humidais, nos concellos de Cabanas e de Fene, entre Laraxe e Os Casais, existen máis de dez puntos de vertedoiros incontrolados que invaden a zona de policía e aumentan en dimensións e número semana a semana.
-Tala da vexetación de ribeira.
-Depósito asfáltico. Centos de miles de toneladas de refugallos asfálticos contaminantes, procedentes de Holanda, seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas invadindo a zona de policía do río .
Denuncia_Rio_Baa.2012.doc |
Ferrol, 1 de Outubro de 2012.- A delegación de Ferrolterra denunciou unha vertedura de augas fecais que se está a producir no río Sardiña. A citada vertedura prodúcese a través dun tubo de augas pruviais no punto no que este río se cruza coa estrada de Xoane.
Esta vertedura é unha de tantas das que se están producir na comarca, que non fai máis que aumentar a contaminación que chega á Ría. Neste caso, e ao producirse nun río, unha zona máis sensible á contaminación, é aínda máis grave. Ademáis, este tramo de río onde se produce a vertedura é unha zona ben conservada, que mantén unha vexetación e fauna saudables, gracias ao esforzo dalgúns viciños que se encargan de limpar a zona.
Ademáis, ADEGA quere recordar que segue sen estar en funcionamento a EDAR de Prioriño, que inicialmente ía estar rematada no ano 2000, e que acumula xa un retraso de 12 anos. Tamén quere alertar que moitas das canalización de augas fecais non están conectadas co tubo colector que as levará á EDAR, e que moitas das infraestructuras que se construiron esta canalización (como as bombas para impulsar estas augas para a EDAR) estarán xa obsoletas cando entre en funcionamento a EDAR. Tamén quere resaltar que moitas canalizacións seguen a ser conxuntas de augas pluviais e fecais, cando xa deberían estar separadas.
Unha vez máis, esta nova vertedura pon de manifesto, a deixadez por parte do Concello e a empresa de augas municipal (EMAFESA) no control dos entubados de augas pluviais e fecais, a nefasta xestión de residuos que está a levar a cabo tanto a xunta como o goberno español.
|
As Pontes 1.9.2012. ADEGA, SGHN e Verdegaia expresamose a total disconformidade coas declaracións do Presidente de Augas de Galicia, nas que manifestaba non ter constancia de que se lle solicitaran datos sobre a calidade das augas que enchen o oco da antiga mina de lignito das Pontes. Cando menos en cinco ocasións no último ano, enviamos cartas, solicitudes e escritos con rexistros de entrada diante de Augas de Galiza . Nembargantes, a resposta foi cero. ADEGA Verdegaia e a SGHN solicitamos que se teñan en conta os nosos criterios, baseados fundamentalmente nas investigacións levadas a cabo pola Universidade de Compostela e expostas no proxecto do enchido, que, tendo en consideración o principio de cautela, se supervise por un equipo independente da empresa os resultados emitidos por esta e que se certifique que no momento da entrega do espazo á Xunta de Galiza os obxectivos acadados coincidan cos previstos no proxecto. En caso contrario, ENDESA debe facerse responsable dos custes orixinados para as enmendas precisas co fin de acadar que a entrada da auga no Eume se faga en condicións satisfactorias. Información adicional: http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/829-adega-verdegaia-e-a-sghn-cuestionan-a-calidade-das-augas-que-enchen-a-antiga-mina-das-pontes |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 35 |